Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Rodrigo Romaní en Ourense

O músico Rodrigo Romaní actúa hoxe xoves, día 6 de xuño, no Teatro Principal de Ourense para presentar o seu espectáculo As arpas de Breogán, un concerto dedicado ao son da arpa céltica e a súa utilización dentro do folk contemporáneo creado a partir da música tradicional.

Temas de composición propia e adaptacións de temas tradicionais e mesmo da música culta compoñen un variado repertorio que engancha pola súa sonoridade e orixinalidade. Primariamente concebido para dúas arpas, voces, contrabaixo e percusión en formato de cuarteto, presenta outros instrumentos como ocarinas ou guimbardas e elementos de ambientación electrónica, facendo que o público descubra un xeito diferente de aproximarse á faciana musical dunha cultura ibérica de fonda personalidade milenaria.


A actuación está prevista para as 21.00 horas.


Rodrigo Romaní é un músico ben coñecido do público galego e español, nomeadamente dos máis afeccionados ás músicas de raíz, a través do seu traballo como membro fundador de Milladoiro, con quen percorreu o mundo durante máis de vinte anos, promovendo o uso da arpa céltica na música galega, e colaborando con artistas e orquestras de primeira fila internacional.



Nomes como Bill Whelan (Riverdance), Lian O´Flynn ou orquestras como a English Chamber, a RTE Orquestra ou a Sinfónica de Galicia, teñen solicitado a colaboración de Rodrigo Romaní como solista de arpa céltica para diferentes traballos.


Rodrigo Romaní é ademais productor das primeiras obras de artistas como Susana Seivane ou Treixadura, compositor premiado con un Goya, un María Casares e outros galardóns, educador fundador da Escola Municipal de Música Tradicional e Folk de Vigo onde imparte os cursos superiores de arpa, director da primeira orquestra folk de España, Sondeseu, e divulgador das músicas do mundo a través dos programas de Radio Galega Música.


Gravou unha ducia de discos con Milladoiro, e participou noutras formacións como Lizgairo, obtendo diferentes premios e distincións polas súas gravacións en todo o mundo. Como solista ten realizado tres traballos discográficos: Albeida (2001), Cantos Caucanos (2003) e As Arpas de Breogán (2012)


Entradas para o concerto

As entradas para este concerto pódense adquirir na billeteira do teatro o día previo á presentación e o mesmo día da función, de 11.00 a 13.30 e unha hora antes do comezo do espectáculo. Tamén no teléfono: 902-434.443 e no enderezo:www.novagaliciabanco.es

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-06-2013 15:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer