Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Mayeusis crea co seu alumnado o grupo de folc Marnabuxa
A formación está dirixida polos profesores Myriam Cortizo e Ernesto Campos

«Non somos unha banda de gaitas senón que somos un grupo con gaitas», aclara Ernesto Campos, profesor da área de música tradicional do Conservatorio Mayeusis de Vigo. O músico, compoñente de Crema de Gaita, e a profesora Myriam Cortizo puxeron en marcha hai dous meses o grupo de folc sinfónico Marnabuxa. «O director do conservatorio quería darlle actividade á área de instrumentos de música tradicional», di o gaiteiro para contextualizar os comezos do proxecto.


«Empezamos a coller alumnos, practicamente os asaltamos, e agora temos uns vintecinco músicos, con idades comprendidas entre os once e os vintepico anos», manifesta Ernesto Campos.

Naturalmente o principal obxectivo da formación é facer música, pero tamén hai outras pretensións. «Queremos que Marnabuxa sirva coma plataforma de desenvolvemento cultural no eido da música tradicional, como pode ser impartindo cursos ou conferencias, así como tamén queremos que sexa o cerne doutras formacións menores ou interpretes individuais; temos unhas expectativas moi grandes», confirma un dos directores da nova formación musical.

O grupo aínda só ten dous meses de vida, pero a súa presentación terá xa lugar o vindeiro domingo na catedral de Tui. «Decidimos que a estrea estivese integrada nun concerto que facemos todos os anos na área de gaita de Mayeusis, que é o concerto de gaita e órgano», explica Ernesto Campos. Polo tanto non vai ser un concerto monográfico. «Haberá moita música galega para ser interpretada por solistas á gaita, acompañados polo órgano; e, con Marnabuxa, imos tocar dous temas, por unha banda un arranxo dunha obra anónima recollida do arquivo de partituras da catedral de Tui; e logo faremos a estrea dunha peza miña, titulada Fulgor tudense», explica o músico.


Diferentes seccións

O grupo está dividido en diversas seccións, ao modo das orquestras. Está o grupo de gaitas, unha sección de corda tocada, unha de vento (clarinetes e frautas), unha de percusión e, a que nós chamamos, instrumentos individuais na que só hai un instrumento de cada, que son a mandolina, a guitarra, o baixo, o piano e a voz solista.

«Decidimos cualificar á formación grupo de folc sinfónico porque, aínda que a pretensión futura é de constituír unha orquestra, o termo orquestra folc tenno acuñado Son de Seu», comenta Ernesto Campos. A outra formación similar existente en Galicia é Moxenas, que tamén asinou o termo musical galego.

O domingo a formación musical vaise presentar na catedral de Tui e os seus directores estarán integrados entre o resto dos músicos. «Myriam e eu cremos na dinámica dos grupos de teatro, e dicir, o directos ten que dirixir pero non necesariamente sobre o escenario», engade o profesor do Conservatorio Mayeusis. Ernesto Campos xa tivo experiencias de folc sinfónico hai uns anos cando mesturou ao seu grupo Crema de Gaita coa banda de música de Pontevedra.

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-06-2013 11:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer