Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Presentación do ‘Jard Rock con Fe’ dos Heredeiros en Vigo e Santiago
Os Heredeiros da Crus asinarán discos e merchandising na sala El Ensanche da cidade olívica e no Momo da capital ás 20.30 horas de martes e mércores respectivamente. Nos actos tamén se poderá mercar o novo disco, así como a camisola, e os diferentes packs de produtos oficiais da banda de Ribeira.

Os primeiros en telo foron os que estiveron en Ordes o pasado 24 de maio. Tamén os primeiros en escoitalo, porque agás tres sigles (A Duquesa de Poi, Fransisco Chousa e Non che teño medo), ninguén coñecía os temas do Jard Rock con Fe antes de entrar na LP45 hai dúas semanas.

Pasados os primeiros días, o novo disco dos Heredeiros da Crus comeza a chegar ás tendas, e a crítica (unanimemente positiva), pon de manifesto que os do Barbanza manteñen toda a enerxía que durante anos os levou a converterse en todo un referente no panorama musical en Galicia.

O Jard Rock con Fe estará á venda este martes en Vigo e mañá mércores en Compostela: dous showcases con sinatura incluída no que estarán á venda tanto o propio disco (15 €), como a nova camisola (10 €). Ademais, os produtos oficiais dos Heredeiros poderán mercarse en packs, como o do 20 Aniversario, con DVD, tanga e camisola por 15 €, o do disco e o DVD por 22 euros e o pack completo con disco, camisola nova, camisola 20 Aniversario, DVD e tanga por 30 euros. Todas estas combinacións ofrécense tamén a través da tenda online de Airapro en internet.

Durante os showcases (o de Vigo na sala El Ensanche e o de Compostela no pub Momo), os fans dos "máis jrandes" terán ocasión de falar cos seus ídolos, quitar fotos e asinar os seus discos e camisolas, ademais de escoitar os temas do novo disco, que se reproducirán nos locais os dous días. Contra as 20.30 horas darán comezo os actos cos que os Heredeiros queren promocionar o seu novo disco antes de comezar un verán no que ofrecerán concertos en diferentes puntos de Galicia.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-06-2013 15:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer