Despois de case dez anos sen publicar temas novos, Heredeiros da Crus presenta Jard Rock con fe, o noveno traballo discográfico da súa exitosa e prolongada carreira.
Un traballo fiel ao seu título: con moito "jard", moito rock e tamén moita fe. Fe nos riffs poderosos de A Duquesa de Poi ou Non che teño medo, fe nas grandes baladas rock como María ou Corasón de Carballo, e sobre todo fe nas letras descaradas, o falar coloquial e a actitude irreverente pola que sempre se caracterizou a banda de Ribeira. Un feixe de 12 cancións, moi esperado polos fieis seguedores de Heredeiros da Crus, que levaban case dez anos sen publicar disco de estudo.