Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Nova publicación do Fiadeiro

De oficios e labores Vol.1

"Mestura de tradición e actualidade..."

Con este traballo preténdese dar información sobre o espectáculo musical e de baile levado a cabo pola A.C.F. O Fiadeiro, na súa VII Gala, titulada ?De Oficios e Labores?.


A publicación "De oficios e labores", plantexada en dous volumes, trata de ser unha edición exclusiva, apta para todo tipo de públicos, en especial para os amantes da música tradicional. Neste primeiro volume, preséntase un pequeno libro de 28 páxinas, no que se referencian e se ilustran, de forma moi didáctica, diversos oficios e labores coa súa correspondente gravación, a cargo do grupo de música de O Fiadeiro, no seu espectáculo homónimo. Labor de nai, oficio de mineiro, oficio de pedreiro e oficio de músico son os mencionados neste primeiro volume.

As melodías están recollidas nun Pen drive, ou chaveiro USB, incluído na publicación. Por este motivo podemos dicir que se trata dunha publicación onde tradición e actualidade, van da man.

A temática elixida para dar forma a esta publicación, funciona de fío condutor da VII gala, aportando certo significado aos bailes e cantos presentes na mesma. En relación aos últimos, son o eixe principal sobre o que se moven as escenas que se mostran no espectáculo. Cada un deles, pertence a un tipo de repertorio concreto relacionado directamente cos oficios e labores que se mostran.

Actualmente, O Fiadeiro está traballando na continuidade desta serie de publicacións, que pouco a pouco vai ir presentándonos para que poidamos completar a nosa propia colección. As temáticas serán diversas e, co paso do tempo, poderemos ter na nosa casa unha pequena biblioteca de folclore.

Comeza, por tanto, unha serie de publicacións a cargo do grupo artístico de O Fiadeiro, na que crea unha "tradición USB". Quen sabe que virá despois? A porta está aberta...

Podes reservar e recoller o teu pen drive no noso local social

Edición limitada de 150 unidades
Prezo socios: 10,00 euros
Prezo non socios: 12,00 euros

Tamén o enviamos a donde queirades, no prezo se incrementarían os gastos de envío.

Mais información en ofiadeiro@ofiadeiro.com

Gracias e un saúdo

O Fiadeiro
629 585 355
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-05-2013 10:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0