Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Xacarandaina en Vigo

Xacarandaina presenta "Galizien Amerika Linie" no Centro Cultural Novacaixagalicia de Vigo.

O Grupo de Música e Bailes Tradicionais Xacarandaina ten a satisfación de representar o seu novo espectáculo "Galizien Amerika Linie" , estreado o pasado ano 2012, no Centro Cultural Novacaixagalicia de Vigo este sábado día 1 de xuño ás 22:00 h.

As entradas poden mercarse a partir dos 8,00? na taquilla do propio teatro, na central de espectáculos de Vigo, na web de servinova e na Taquilla do centro Cultural.

GALIZIEN AMERIKA LINIE pretende achegar ao público ese fenómeno importantísimo da nosa historia contemporánea máis recente: a emigración.

De todos é sabido que os galegos fomos un pobo emigrante, pero aínda que nos toca a todos de preto, non somos o suficientemente conscientes do drama que supuxo aquel éxodo, e menos conscientes somos aínda da importancia económica e cultural que eses emigrantes tiveron para coa súaterra e o amor que lle dispensan, a cambio de nada, desde a distancia. Con tal propósito Xacarandaina acaba de estrear un espectáculo no que se mesturará a propia actuación do Grupo cos seus bailes, danzas, músicas, vestiarios e posta en escena con deseño de luz, espazo sonoro e audiovisual, mesturando así a arte tradicional coas novas tecnoloxías, facendo de "Galizien Amerika Linie" algo novidoso e único dentro do abano dos espectáculos feitos Galicia.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-05-2013 10:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0