Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
XIV Encontros de música tradicional de Carboeiro (Bandeira-Silleda) |
|
O 1 de xuño, no Mosteiro de Carboeiro, poderedes facer entrega das vosas ofrendas(as cántigas, bailas, tocatas...) á Santa Ferreña. Poderedes achegarvos ata alí dende a sesión vermú ata ben entrada a madrugada; xa sabedes que esta Santa é de vida moi alegre...A comisión de festas porá á vosa disposición a intendencia necesaria para que os vosos corpos e espíritos sexan capaces de aguantar esta carreira de fondo, e poidades ser dos/as poucos/as que acadades o éxtasis, que de oídas sabemos que lle chaman "aprocesióndepolamañá".
E agora digan todos/as á miña voz:
VIVA A SANTA FERREÑA E TODA A SÚA FAMILIA!
VIVA A XENTE QUE A RODEA E MIRA!
VIVA A MÚSICA E SIGA!
XIV ENCONTROS DE MÚSICA TRADICIONAL
1 DE XUÑO DE 2013 NO MOSTEIRO DE CARBOEIRO (SILLEDA)
13.00. SESIÓN VERMÚ a cargo dos grupos da bisbarra
· Subasta das andas e PROCESIÓN DA SANTA FERREÑA (acompañada polos cabezudos de VIRAVOLTA)
-APERTURA DAS EXPOSICIÓNS:
· "OS NOSOS TESOUROS" exposición adicada aos nosos 'Tesouros Vivos' e acompañada polos títeres do Museo da Marioneta, Casa do Títere (Lalín)
-FEIRA DE ARTESANÍA:
instrumentos tradicionais, coiro, abalorios, xoguetes, cerámica, títeres, bixutería...
- XANTAR POPULAR (empanada, carne ao caldeiro, larpeira, pan, viño/auga, café e ghotas -13?)
DURANTE A TARDE:
· XOGOS TRADICIONAIS PARA CATIVOS/AS E MAIORES con Itaca e Xandobela
· "OURO MUDO" con Celsiño F. Sanmartín
· VISITA GUIADA AO MOSTEIRO con Tesouros Novos
· Representación teatral 'DOÑA URRACA' de Tantatutanga Teatro
E ao que se vaia facendo noite?
FOLIADA ATA QUE O CORPO AGhUANTE!
ACAMPADA Á BEIRA DO RÍO DEZA
VIVA A XUVENTUDE E A XENTE VELLA QUE NON MORRA!! |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|