Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Sés en Lugo
Sés, acompañada de Tito Calviño na guitarra, ofrecerá este xoves 23 un concerto acústico na Casa do Saber de Lugo

A actuación da cantautora coruñesa, que se encadra no ciclo Lubicán 2013, comezará ás 20.30 horas e a entrada será de balde ata completar o aforo

María Xosé Silvar ?Sés? ofrecerá o xoves 23 de maio, a partir das 20.30 horas, no auditorio da Casa do Saber da Vicerreitoría de Coordinación e Planificación do campus de Lugo, un concerto acústico, no que estará acompañada polo guitarrista Tito Calviño.

Nesta actuación de Sés interpretará temas do seu repertorio e adiantará algunhas das composicións incluídas no seu último álbum ?Co xenio destrozado?, un disco que sairá á venda o vindeiro 11 de xuño.

O novo disco de Sés, ?Co xenio destrozado?, é un traballo feito con orgullo e identidade, frescura e vitalidade, no que a cantautora coruñesa pretende concentrar a potencia do directo nunha presa de cancións viscerais e chegas de paixón.

Gravado nos estudios Bruar da Coruña e producido por María Xosé Silvar, a propia Sés conta neste novo traballo cos seus músicos habituais nos directos: Tito Calviño (guitarra), Marcos Pazo (batería) e Fran Sanz (baixo).

Formada na música e no baile tradicional, Sés, que é profesora e licenciada en Filoloxía Galega e Antropoloxía Social, publicou no 2011 o seu primeiro traballo ?Admirando a condición?. Catro anos antes de que vira luz este proxecto ?100% en galego e 100% feminino?, Sés formara xunto con outros amigos a banda ?Chámalle Xis?, un dos grupos revelación do 2007 e un dos gañadores do concurso A Coruña Son, apadriñado por Santiago Auserón.

A entrada ao concerto de Sés na Casa do Saber de Lugo será de balde, como todas as actuacións programadas ao abeiro do convenio Lugo Cultural, aínda que o acceso de público estará limitado pola propia capacidade do aforo.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-05-2013 09:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0