Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Música tradicional nos PREMIOS OPINIÓN
Sexta feira 24 (Venres)
? Gala dos XII Premios Opinión de música folk no Teatro Rosalía de Castro (A Coruña)


Dúas actuacións complementarias, unha cantada e outra instrumental, baseadas na música tradicional van completar o cartel da XII gala dos PREMIOS OPINIÓN. O grupo de pandereteiras Taravela, de Arteixo, naceu no ano 2000 dentro da Asociación Xuvenil Xiradela e teñen como mestra a Fransy González, unha das voces tradicionais máis sobranceiras do panorama musical galego. Elas abrirán a noite festiva do folk galego e tomarán o relevo no escenario os membros da Agrupación Instrumental da Escola Municipal de Folclore de Betanzos.

O grupo ten como director musical a Pedro Lamas e entre os instrumentos que empregan achamos pandeiretas, tamboril, bombo, clarinete, saxo soprano e seis gaitas. Interpretarán na gala tres pezas tradicionais galegas.

Dos outros concertos que completan a cerimonia xa fomos informando no seu momento nestas mesmas páxinas. O dúo formado polos compoñentes de Berrogüetto, Guille Fernández e Xabier Díaz, decidiu lanzar no 2010 un álbum, titulado Arrolos de Salitre, no que daban a oportunidade a novas voces masculinas e femininas para que se deran a coñecer no panorama musical galego. Tres desas voces (Diego Calviño, Carlos Álvarez e Alba Guitérrez) estarán enriba do escenario, acompañadas polo acordeón de Díaz e a guitarra de Fernández, para cantar cada un deles o tema que interpretaban no disco e deixar escoitar ao público as súas habelencias vogais.

E para pechar o espectáculo aparecerá en escena un grupo pioneiro do folk que leva máis dunha década afastado dos escenarios. Cúmprense vinte anos dende que os lalinenses Dhais editaron o seu primeiro disco homónimo. Anos máis tarde publicarían Arman vela, e pouco despois deixarían a actividade. Existe un motivo emocional grande para que volten esa noite, tan especial para o mundo da música de raíz, aos escenarios. Dende hai tempo pretendían facer un concerto de homenaxe a dous dos seus compoñentes que finaron hai anos, Luís Areán e César Morais, e dende os PREMIOS OPINIÓN ofrecéuselles con gusto esa posibilidade.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-05-2013 19:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0