Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Noitarega en Tui

Este xoves día 16 de maio, a partir das 21:00 h no Teatro Municipal de Tui, o grupo de música tradicional galega Noitarega ofrecerá un concerto onde presentará ao vivo as pezas que compoñen "XXI", a súa última achega discográfica, un traballo que conmemora os máis de 21 anos de existencia da banda.

Falar de Noitarega non é falar dun grupo novo, é falar dunha banda lendaria dentro do panorama da música tradicional galega que soubo gañarse a pulso o respecto e cariño do público. Formados no ano 1989, Noitarega están considerados como unha das formacións máis importantes da música popular galega, grazas as súas innumerables actuacións tanto por toda a xeografía galega e española (Auditorio Novagalicia de Vigo, Festival Internacional de Mérida, Expo 92 de Sevilla, Casa de Galicia en Madrid, Palau de Congressos de Montjüic en Barcelona, etc), coma en Francia (Bordeos), Portugal (Lisboa) ou mesmo nos Estados Unidos (Nova Iork, Nova Jersey ou Connecticut), compartindo escenario con artistas da talla de Berrogüetto, Luar Na Lubre ou Susana Seivane, e consolidándose como un dos maiores expoñentes da música tradicional galega e como un embaixador da cultura galega por todo o mundo.


Musicalmente falando, tanto os concertos como os traballos discográficos do grupo veñen ser un fito no que respecta a unha nova interpretación da música tradicional galega, xuntando o sabor do tradicional con novas e rechamantes opcións instrumentais e interpretativas, todo isto conseguido cunha base instrumental netamente autóctona (gaita, zanfona, tamboril, bombo, pito pastoril, requinta, tarrañolas, culleres, pandeireta, ferriño, pandeiro, etc) e realizando uns arranxos totalmente anovadores, como a combinación de gaitas en diferentes tons, zanfona con pito e requinta ou misturas de diferentes aparellos percusivos.


O concerto deste xoves en Tui, é un cita ineludible para os amantes da boa música tradicional galega.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-05-2013 19:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0