Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Os Cempes en Ferrol |
|
O grupo Os Cempés presentan hoxe no Torrente Ballester cun concerto o seu último disco
O grupo folk ferrolán Os Cempés presenta hoxe xoves ás nove da noite na capela do centro Torrente Ballester o seu último disco que leva por título Tentemozo. O concerto enmárcase dentro do ciclo As Noites en Capela, que promove o Concello de Ferrol.
A mítica agrupación conta con algúns cambios. Continúan Serxio Ces, Óscar Fernández e Antón Varela e unir Pablo de Lama, Fernando Barroso e Ramón Dopico. O sexteto formado así volve ás súas raíces populares e alegres, con pasodobres e instrumentos tradicionais, máis metais e sons orquestrais. O novo disco recolle músicas da terra, para namorar e bailar, para reir con músicas pasadas revitalizada.
As entradas para o concerto poden adquirirse anticipadamente no despacho do teatro Jofre ou a través da páxina web do Concello www.ferrol.es no apartado de Axenda Cultural. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|