Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Curso de manipulación de palletas e feitura e afinación de pallóns (Compostela) |
|
Curso de manipulación de palletas e feitura e afinación de pallóns.
25 de maio de 2013 - 16:30-20:30 h. Imparte: Xosé Liñares
Desenvolmento: Dividirase en dúas partes. A primeira, adicarase á exposición da ferramenta necesaria para un fabricado posible de pallóns, información do enderezo para a consecución da cana e feitura e afinación do pallón. A segunda parte, que abranguerá o resto da tarde (dúas ou tres horas), estará orientado á manipulación da palleta, que incluirá exercicios de posta a punto de parellas de gaitas empalletadas con palletas que ofrezan resultados opostos, isto é: unha alta e otra baixa; unha dura para alguén que toque brando, emparellado con outra branda para alguén que toque duro. Finalmente resolveranse dúbidas que xurdan e facilitarase un esquema do impartido no curso, que servirá para relembrar doadamente todo o dado no mesmo.
Obxectivos: Coas teorías e prácticas levadas a cabo co desenvolvemento do curso, preténdese acadar o obxectivo de que os asistentes aprendan a fabricar o seu propio pallón e a manipular as súas propias palletas, de xeito que poidan por o pallón e a palleta equilibrados e adaptados ao seu peculiar xeito de tocar a gaita cunha determinada presión de fol, asemade que se consigue a afinación do instrumento na tonalidade que cumpra en cada caso.
Prazo de matrícula: ata o 23 de maio
Número mínimo/máximo de alumnos: 10/18
Prezo: 30? (socios 25?)
Organiza: Cantigas e Agarimos
Antigo CEIP Ramón Cabanillas | Rúa Castiñeiriño 21 | Santiago de Compostela | Tlf. 618 518 524 | contacto@cantigaseagarimos.es |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|