Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Ás portas do novo álbum de Sés
Ás portas do novo álbum de Sés, ?Co xenio destrozado?

O día 6 de xuño porase á venda o novo álbum de Mª Xosé Silvar, Sés, que leva por título Co xenio destrozado. Despois da extraordinaria acollida do seu primeiro traballo, Admirando a condición, e de sorprender en centos de concertos por todo o país, volve coa súa forza no seu segundo traballo discográfico.

Paixón, cancións viscerais, frescura, vitalidade, orgullo identitario. Son algúns dos cualificativos que o selo Fol emprega para anunciar o segundo disco de Sés, Co xenio destrozado que se porá á venda o próximo seis de xuño. Producido pola propia Mª Xosé Silvar, o novo traballo conta coa súa banda nos directos, Tito Calviño na guitarra, Marcos Pazo na batería e Fran Sanz no baixo.

Desde que en 2011 publicou o primeiro disco asinado por Sés -despois de ter iniciado a súa traxectoria coa banda Chámalle Xis!- o nome de María Xosé Silvar comezou a cobrar forza no panorama musical, como un berro contundente e distinto que aos poucos conseguiu ser coreado polo público. Como ?disco dunha cantautora heterodoxa? definiuno nunha entrevista publicada no semanario Sermos Galiza no que explicaba a súa condición de muller ?enérxica, pasional, berrona, faladora e extrovertida, que fala do que pensa?, ese modelo co que moitas mulleres se identificaron.

Tempestades de sal, himno colectivo

Do primeiro disco, foi sen dúbida o tema ?Tempestades de sal" o que levou á autora ao nivel máximo de popularidade. A canción foi himno de manifestación e empregada moreas de veces para poñerlle banda sonora ás revoltas. María Xosé Silvar explicaba o seu éxito por ser unha ?reafirmación colectiva? que escribía desde ?a primeira persoa do plural?. ?Na canción digo ?mais aínda seguimos aí?. Escribo como parte dunha colectividade na que me insiro e pertenzo. Son galega e en galego e, se non, simplemente non son. Que esta colectividade asuma o teu discurso como propio é marabilloso, porque a escribín en nós, non en min?, explica a autora.

Do seu novo disco, sinalaba que continúa na ?liña de eclecticismo musical, dunha rancheira a un rock and roll?, con letras e músicas de autora e gravado con formato de directo.

www.sermosgaliza.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-05-2013 10:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0