Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Garantindo a continuidade do baile tradicional |
|

Temen que a falta de apoio á actividade cultural condene ao folclore galego á súa desaparición. Por iso, a asociación viguesa O Fiadeiro, xunto á coruñesa Xacarandaina e a compostelá Cantigas e Agarimos, propúxose que o baile da terra comparta co flamenco, o asubiar gomero ou o fado a honra de pertencer ao Patrimonio Inmaterial da Humanidade e comprometer así á Administración na súa conservación.
-Por que decidiron propor o baile galego como Patrimonio Inmaterial da Humanidade?
-As tres agrupacións empezamos a xuntarnos en 2006. Imos polas aldeas e recollemos cantares e músicas. Cada vez que nos reuniamos saltaba esa espiniña. Por que o flamenco si e a danza galega non? Sería unha honra. Decidímonos polo baile e non pola música porque a danza xa o implica todo. Centrámonos máis no tradicional, pero incluímos o resto tamén. Non só a muiñeira, tamén xotas, rumbas, ribeiras, pasodobres, contemporánea? O que queremos é que non morra o noso baile de raíz. Nun momento de recortes, podería chegar o día que desaparecese. Declaralo patrimonio inmaterial da Humanidade é a maneira de garantir que perviva. Queremos dignificar o noso folclore, que existe desde tempos inmemoriais. O medo que temos é que quede no esquecemento e, se é PIH; as institucións teñen a obrigación de conservalo. Non estaría mal que lle destinasen un mínimo do 1% do seu orzamento.
-Que implicaría o nomeamento?
-Son moitos requisitos os que hai que cumprir. Que haxa un número importante de centros galegos no mundo, que estea recolleito en arquivos? Queremos que a candidatura a presente a Xunta como institución, porque ten máis forza. Nós formariamos unha comisión de traballo para cumprir os requisitos.
-En cales se están centrando agora?
-Estamos a buscar sinaturas de apoio e rexistrando arquivos particulares. Nos poucos días que pasaron desde que o anunciamos, puxéronse en contacto connosco unha ducia de centros galegos de todo o mundo.
-Que posibilidades hai de que a Unesco conceda o nomeamento?
-Doado non é. Se cadra non o conseguimos o primeiro ano ou no segundo... A nosa intención é presentar a candidatura en 2014. Fixémoslle a proposta á Xunta en xaneiro e na seguinte abordaremos todos os requisitos que hai que cumprir. Nós seremos a plataforma de traballo. Só pedímoslle á Xunta que presente a candidatura. A nivel económico non lles pedimos nada.
-Cal é a realidade do interese polo baile galego hoxe na cidade?
-Vemos que, nos últimos tempos, anótanse ás clases máis nenos pequenos. Nos colexios, antes, era unha actividade extraescolar e iso perdeuse. É unha mágoa. Pero agora empeza a volver ese interese. É unha alegría ver a gran cantidade de nenos de entre 3 e 5 anos que nos chegan.
www.farodevigo.es |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|