Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
I Xornada feroz de Música Galega (As Pontes) |
|
I XORNADA FEROZ DE MÚSICA GALEGA
O grupo Os Feroces da Galgueira fixo a presentación pública da I XORNADA FEROZ DE MÚSICA GALEGA que se levara a cabo o vindeiro 25 de Maio en As Pontes, e que consistirá na impartición de tres obradoiros de perfeccionamento:gaita galega, canto e pandeireta, e percusión.
Esta Xornada, aberta a todo aquel que esté interesado, impartirase nas instalacións do Conservatorio de Música Profesional de As Pontes e terá unha duración de 8 horas.
O contido de cada un dos obradoiros pretende afondar nos coñecementos técnicos e musicais dos alumnos, e na apredizaxe de novos recursos. Para elo Os Feroces contan con 4 músicos de primeiro nivel para impartir cada unha das materias, que de seguro serán clave para que cada obradoiro sexa de máximo proveito para os alumnos;
- Obradoiro de Gaita Galega: DANIEL BELLÓN.
- Obradoiro de Canto e Pandeireta: DAVIDE SALVADO.
- Obradoiro de Percusión: LOLA FERNÁNDEZ (Lola de Ribeira) e MIGUEL FRAGUAS.
O prezo de cada un de estes obradoiros será de 35 ? a pagar unha vez que a cada alumno se lle confirme a súa admisión no obradoiro que escollera.
As inscripcións pódense facer dende o 10 de Abril ata o 15 de Maio na dirección de correo xornadaferoz@gmail.com, indicando claramente: nome e apelidos, teléfono e correo electrónico de contacto, e obradoiro no que se quere inscribir.
Dado que temos un límite de 15 prazas por obradoiro, a admisión de alumnos farase por rigurosa orde de inscripción.
Para calquer consulta ou dúbida ó respecto, podedes poñervos en contacto con nós no mesmo correo das inscripcións xornadaferoz@gmail.com
OBRADOIRO DE GAITA GALEGA: DANIEL BELLÓN
Posúe un dos currículums máis importantes do mundo da música tradicional en Galicia, sendo o gaiteiro máis laureado da historia, avalado por máis de 40 premios no seu haber. Ten acadado premios como o "Constantino Bellón" en 3 ocasións (2001, 2005 e 2006, sendo o gañador máis novo de toda a historia), o "Gaiteiro de Soutelo" en 4 ocasións (2002, 2004, 2005 e 2006), e o "Trophée Macallan (Lorient, Francia, 2003).
É titulado en Grao Profesional de Gaita Galega. Dende 2006 estudia jazz na "Escuela Popular de Música y Danza" (Madrid), cursando saxofón, harmonía moderna, improvisación e piano complementario.
Na actualidade combina a súa faceta de gaiteiro-saxofonista nos proxectos BellónMaceiras (dúo e quinteto), coa de gaiteiro do prestixioso cuarteto Luvas Verdes, e coa de mestre de gaita galega.
Contidos xerais do obradoiro de gaita galega:
1. Afinación na gaita galega (4 horas).
1.1. O tempero.
1.2. Afinación do ronco.
1.3. Afinación do punteiro.
2. Ornamentación e estilística na gaita galega (4 horas).
2.1. Ornamentos. Estudio sobre partituras de pezas galegas.
2.2. Estilística diversa.
2.3. Posturas alternativas
2.4. Ornamentación a cuarteto.
2.3. Audicións
OBRADOIRO DE CANTO E PANDEIRETA: DAVIDE SALVADO
É sen dúbida unha das voces máis carismáticas do noso país. De formación autodidacta, leva media vida recorrendo as aldeas galegas na procura de ritmos, coplas e danzas. De todas esas mulleres que foi atopando, aprendeu non só a tradición na música, se non todo un xeito de vivir.
Formou parte como cantante e percusionista da banda do recoñecido gaiteiro Xosé Manuel Budiño, coa que xirou por escenarios de medio mundo. Na actualidade, é voz da Banda das Crechas, grupo residente da mítica Casa das Crechas compostelana, coa que gravou o seu disco homónimo. Davide ten ademáis colaborado en varios traballos discográficos, como ?Arrolos de Salitre?, o disco de cantos de berce editado por Xabier Díaz e Guillerme Fernández (Berrogüetto).
No 2011 editou o seu primeiro traballo en solitario, ?Árnica Pura?. Agora no 2013 presentará o seu segundo traballo "O ladrón de amorodos".
Contidos xerais do obradoiro:
- Afinación, dinámicas e expresividade no canto tradicional.
- Nocións técnicas e ritmos en pandeireta galega, pandeiras, pandeiro cadrado de Peñaparda.
- Repertorio aplicado.
OBRADOIRO DE PERCUSIÓN: LOLA FERNÁNDEZ (LOLA DE RIBEIRA) E MIGUEL FRAGUAS
Lola Fernández, máis coñecida por Lola de Ribeira é unha das percusionistas máis recoñecidas do panorama musical tradicional do país.
estudos de percusión clásica no conservatorio de Santiago de Compostela, cos da diplomatura de Maxisterio Musical na mesma cidade.
Foi integrante do orfeón "Terra a Nosa?, onde traballou canto clásico co mestre de capela Miro Moreira. Anos máis tarde, complementará os seus estudos de canto moderno con Carmen Rey.
Formou parte de grupos tan dispares como Serra-lhe aí!!!, Sete Saias ou Os Diplomáticos de Montealto. Na actualidade forma parte do grupo Taghaitai xunto con Manolo Maseda, Edelmiro Fernández e Iván Costa.
Miguel Fraguas é titulado de Grado Profesional de Música Tradicional na especialidade de requinta. Formouse como instrumentista de gaita de mans de prestixiosos mestres coma Iván Costa, Edelmiro Fdez, Pepe Vaamonde e Juanjo Fernández. Posteriormente cursou estudios de saxo da man dos mestre Pablo Estellés e Sarunas Pupelis.
No campo da música tradicional ten acadado numerosos e importantes premios, tanto coma gaiteiro coma percusionista.
Na actualidade é membro da orquesta tradicional Sondeseu, do grupo Banda Baile Asalto, do grupo Lagareu, do cuarteto tradicional Polavila e da compañía de danza Bruma. Asemade é director da Banda de Gaitas Foula de Cotobade, así como da sección de percusión Os Chaneiros de Marín, mestre das pandereteiras de Quireza e director da Charanga Polavila.
Contidos xerais do obradoiro:
1. Descripción e características do instrumento: tamaño, materiais, tímbrica, bordón, afinación (relativa), etc.
2. Baquetas: elección,posición adecuada e modo de collelas.
3. Rudimentos técnicos: linguaxe musical básica para a lectura e composición de arranxos;paradiddle; acentos; ligaduras; redobres; mordentes; etc.
4. Esquemas básicos de acompañamento dos diferentes ritmos empregados na música tradicional galega: alboradas, pasodobres, polcas, rumbas, vals, mazurcas, jotas, muiñeiras.
5. Traballo de arranxos para os diferentes ritmos (exemplos e composición individual e/ou por grupos).
6. Audicións de diferentes execucións percutivas e maneiras de acompañar (acompañamento básico, debuxo da melodía, contrate e contraposición).
7. A pequena percusión: culleres, tarrañolas. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|