Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Heredeiros da Crus comezan a gravación do seu novo disco
O novo disco de Heredeiros da Crus comezará a gravarse esta semana, nos estudos Bruar (A Coruña), onde se gravarán as bases. O resto da gravación realizarase nalgún lugar do Barbanza aínda por concretar. O noveno álbum da formación -o oitavo traballo de estudo- publicarase antes do verán e estará producido por Juan de Dios Martín, que ten traballado con Amaral, Xoel López, Enrique Bunbury ou Barón Rojo. Había nove anos que os Heredeiros non publicaban un disco de estudo -Chicarrón, 2004-, polo que a expectación polos novos temas da banda de Ribeira é máxima.

A banda destaca que “tanto a música como as letras do disco serán 100% Heredeiros. É dicir, roqueiro, divertido, descarado e, por suposto, galego”. Os de Ribeira poden presumir de contar cunha das maiores e máis fieis lexións de fans de Galicia, polo que o seu novo disco está xerando unha forte expectación nas redes sociais, onde desde hai uns días circulaban os rumores sobre os detalles do proxecto, e onde os propios Heredeiros darán conta de todas as novidades sobre o proxecto.

Despois de oito anos separados, en 2012 os catro Heredeiros da Crus -Fran Velo ao baixo, Tonhito de Poi á guitarra, Javi Maneiro á voz e Tuchiño á guitarra solista)- volveron aos escenarios en Ordes acompañados de Manu Rey á batería e unha banda con metais, coros e teclado en directo.

www.praza.com

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-03-2013 10:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer