Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Entrevista a The Tetas' Van


Xuntáronse en 2010 co obxectivo de reivindicar o papel das mulleres riba dos escenarios e desde aquela non baixaron deles. Irene, Paula, Lucre, María, Lore e Gundi son The Tetas' Van, unha revolución feminina, e feminista. O seu tema Luísa Sorriso, un poema de Carvalho Calero, soa xa na nosa radio!

The Tetas' Van, a banda das tetas... rachando cos tabús xa desde o nome?

O nome é rechamante! Cando nos xuntamos para tocar decidimos facer uso das redes sociais para que a xente propuxera nomes e foi o máis votado. Ten moita forza e presencia, é rompedor e chama a atención.

Cómpre visibilizar as mulleres tamén riba do escenario?
Pois si, cómpre visibilizar ás mulleres tamén enriba do escenario. Cómpre reivindicar que somos artistas, igual que o son as nosas nais, avoas e todas as mulleres. Nós facemos verdadeiras virguerías para poder ensaiar sendo nais, estudantas, traballadoras. E cómpre moito calar as bocas de todxs aquelxs (e desgraciadamente son moitxs) que pensan que polo feito de ser mulleres, poñernos tacóns e pintar os beizos non somos tan boas músicas como os homes ou o noso espectáculo non é tan serio ou todos os comentarios que nos teñen chegado.

Cal é o poder da música nesa reivindicación das inxustizas sociais e da nosa lingua?
Colabora xente con nós --Alba Domínguez, Pablechu de Tequio (antiga Comisión de Denuncia)-- e nós mesmas, escribindo letras que adaptamos a temas moi coñecidos e son letras que denuncian temas actuais que non nos gustan.

Pensamos que moitxs de nós nos sentimos impotentes ante temas como o sexismo, a monarquía, a igrexa... e unha maneira marabillosa é plasmar os nosos pensamentos en letras de cancións que a xente coñece e poida cantar e bailar a través da nosa lingua nai, que está nunha clara situación de inferioridade.

Temas propios ou versións? Que prefiren e por que?
De momento somos un grupo de versións por falta de tempo para compoñer. A maioría de nós temos coñecementos musicais, podemos mirar pola nosa conta os temas, poñelos en común nun ensaio e así poder facer un repertorio. As versións que facemos son moi coñecidas e iso da moito xogo á hora dos directos. A xente sabe as cancións, coñece as melodías e deseguida se mete no ambiente festeiro dos nosos concertos.

Custou porlle ritmo a Carvalho Calero?
Tiñamos unha melodía que se baseaba nunca canción dun grupo de música de finais dos 80 e pensamos que Luisa Sorriso era o poema que mellor se adaptaba a esa melodía, para alén de que fala dunha muller e de que a temática dos outros poemas non nos convencía tanto. Para nós ten un significado especial xa que foi o primeiro tema que montamos. A partir de ahí veu o resto!

Que outr@s poetas lles regalaron as súas verbas?
Esta temporada estamos preparando un par de temas de Carlos Rafael e agardando por un tema de Belém de Andrade. Tamén temos cousiñas escritas por nós que están agardando para seren montadas.

www.sermosgaliza.com

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-03-2013 11:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer