Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Rodrigo Roamní en Lugo
Romaní presenta este xoves na Casa do Saber de Lugo o traballo ‘As arpas de Breogán’
O concerto comezará ás 20.30 horas e a entrada será de balde, aínda que o acceso de público será restrinxido ata completar o auditorio


O músico e compositor galego Rodrigo Romaní presentará este xoves 21 de febreiro en Lugo, a partir das 20.30 horas, na Casa do Saber, o seu último traballo, ‘As arpas de Breogán’, unha produción dedicada ao son da arpa céltica e a súa utilización dentro do folk contemporáneo creado a partir da música tradicional, no que se inclúen temas de composición propia e outras adaptacións de temas tradicionais e mesmo de música culta, que conforman un variado repertorio que engancha pola súa sonoridade e orixinalidade.

Romaní, un dos membros fundadores do grupo Milladoiro e un músico coñecido e recoñecido tanto en Galicia como en España, destaca tamén por ser un dos primeiros introdutores do uso da arpa céltica no novo folk galego e está considerado como o máximo expoñente deste instrumento musical . Este xa vella paixón pola arpa aparece de novo plasmada en ‘As Arpas de Breogán’.

Este traballo ideado inicialmente para dúas arpas, voces, contrabaixo e percusión en formato de cuarteto, que tamén presenta outros instrumentos como ocarinas ou guimbardas e elementos de ambientación electrónica, achega ao público un xeito diferente de aproximarse á faciana musical dunha cultura ibérica de fonda personalidade milenaria.

A presentación ao vivo de ‘As Arpas de Breogán’, a cargo de Rodrigo Romaní, servirá asemade de concerto inaugural do Lubicán 2013, unha programación musical deseñada ao abeiro do convenio Lugo Cultural e cuxa finalidade non é outra que a de achegar ao público lugués música galega e feita por artistas do país.

Romaní abrirá este xoves unha nova edición do Lubicán, un ciclo que inclúe outros catro concertos neste 2013 e que levará o 14 de marzo ao auditorio Gustavo Freire a música de folk do grupo lugués ‘Os Minhotos’, que presentarán ao vivo o seu último CD, ‘Pinga D’Auga’. Fran Pérez (NARF), nesta ocasión acompañado de Marcos Teira, actuará de novo no marco do Lubicán o 4 de abril. María Xosé Silvar ‘Sés’ presentará o seu último traballo o 23 de maio na Casa do Saber, mentres que Bristol e Terra de cinco minutos pecharán este nova edición do Lubicán (o 13 de xuño no auditorio da Facultade de Veterinaria, onde interpretarán os temas do seu primeiro traballo ‘ Penórtico’.

O concerto de apertura do ciclo Lubicán 2013, a cargo de Rodrigo Romaní, comezará ás 20.30 horas, na Casa do Saber da Vicerreitoría de Coordinación do campus de Lugo e a entrada do público será libre e de balde, aínda que o acceso de xente estará limitado pola propia capacidade do auditorio.
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 21-02-2013 13:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 I believe many readers wi#blgtk08#ll benefit a lot for you
Comentario por Air Jordan pas cher (31-10-2014 09:55)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer