Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Disco Tributo a Zenzar
Todo comezou no Mesón do Bento. No improvisado camerín da Josfer algúns dos convidados á presentación do Vaise Armar dos Zënzar pensaron que o 25º aniversario da banda era o momento de lle facer un disco tributo.
E decidiron que ademais ía ser unha sorpresa. Así foi. Onte desvelouse o segredo mellor gardado do rock galego e Vai polos Padriños! , o disco tributo aos 25 anos de Zënzar, foi presentado. Ao público e tamén aos abraiados homenaxeados. No interior deste artigo podes escoitar o disco íntegro!

Xa está aquí o tributo a Zënzar. 19 temas compoñen o disco, interpretados por 18 bandas cos Machina repetindo, nun tema a maiores, coa versión acústica do Cheira mal. Este Vai polos padriños! non é, -nin máis nin menos-, que a mostra de cariño do rock galego para un grupo que é referente ineludíbel para quen fai rock na lingua do país neste século XXI. Son 18 bandas e podían ser moitísimas máis. A idea de sorprender a Zënzar cumpriuse estrictamente e a discreción fixo que moitísimos grupos non se chegasen a enterar a tempo do que se argallaba. Porén, fican estes 18 en representación das moitas persoas que admiramos fondamente os Zënzar.

Como as propias bandas din, tras 25 anos de resistir na palestra se presenta este tributo no que participan Machina, Deseqilibrio Mental, Invivo, Som do Galpom, Nao, Ruxe-Ruxe, Pito de Pikasso, Balbordo Público, Compañía do Ruído, MeDoMedÁ, Mr. Kamándula, Raiba, K-Raxe, Chícharo Psicótico, O Jallo Light, Os tres Trebóns e os homes sen medo, Dios Ke Te Crew e Secho e os Invisibles.
A produción executiva correu a cargo de Iago Pico, V. Neira e Mario César. Os temas foron gravados nos estudos Pousada Son de Ames, Mafia Records do Carballiño, Océano Estudio de Gondomar, na de Alfredo de Chaián-Trazo, Casa do Rock de Luou-Teo, na Casita en Riveira, en Edisco da Estrada, no Rapapoulo Estudio de Ordes, nos Estudios Amil da Coruña e nunha Casa Calquera en Compostela, cun impecable deseño realizado por arinspunk.com.

Aquí tedes catro temas e NESTA LIGAZÓN podes escoitar o disco íntegro.

www.gzmusica.com
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 30-01-2013 13:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer