Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Foliada no Lar (As Pontes)

Tralo descanso estival, unha nova xeira de foliadas darán comezo de novo a partires do venres, ás 22:00, na habitual cafetería Lar. O sexteto Os Feroces da Galgueira serán os encargados de organizar esta primeira foliada na que terán como invitados ós extraordinarios e sobresaíntes cuartetos tradicionais Xente Nova, de Ferrol, e Medo Quiñón, de Burela. Asímismo participarán desta foliada as Pandereteiras da A.X. Entre Lusco e Fusco, de Vilalba, que farán o seu debut oficial coma tales.

O cuarteto XENTE NOVA, composto por integrantes da Banda de Gaitas Agarimo (Ferrol), nace no ano 2003 para asistir ao concurso de gaitas de Ponteareas. Desde entón xúntanse para tocar ocasionalmente en romarías ou para participar en diferentes concursos, resultando gañadores nos anos 2007 e 2008 do campionato celebrado en Cabeza de Manzaneda, dentro da Liga Galega de Bandas de Gaitas.

Máis recentemente, este mesmo domingo 23 de setembro, acadaron o 5º posto na XLV edición do Concurso de Cuartetos de Ponteareas. A súa formación actual é: Pablo Argüeso e Alberto Falcón ás gaitas, Jorge García ao tamboril e Adrián García ao bombo.

As PANDERETEIRAS da Asociación Xuvenil ENTRE LUSCO E FUSCO levan menos dun ano ensaiando coplas e letras tradicionais para acompañar coas súas pandeiretas. Ata ese momento a súa actividades ceñíase a acompañar ós gaiteiros, resto de percusionistas e bailadores da súa asociación. Esta foliada apadriñará o debut como cantareiras de estas pandereteiras da Terra Chá.

O cuarteto MEDIO QUIÑÓN nace fai dous anos a partir do desaparecido grupo Sal da Felga. Curiosamente aínda que o grupo é un cuarteto está formado por cinco músicos, tendo sempre a un compañeiro como comodín para imprevistos na percusión.

O grupo está formado polos irmáns Xabi e Andrés Pérez Quiroga nas gaitas, David Mon no tamboril e Xelo Seijas no bombo. Óscar Villarquide é o quinto membro do grupo, e comodín do mesmo, tocando calquera das percusións. A parte de esta instrumentación Medio Quiñón pode tocar tamén con frautas de pico, fagote e clarinete.

Comentarios (7) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 28-09-2012 10:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
7 Comentario(s)
1 Sinceiramente, eu non son diseñador profesional de carteis, son amateur pero me podo considerar xa cun certo nivel, aínda que só sexa polos coñecementos que teño de photoshop... e sinceiramente, consideiro que usar esta foto para un cartel, sexa do que sexa, é de moi mal gusto e un insulto á intelixencia de calquer persoa... en que estaba pensando o deseñador disto?
Que cona ten que ver unha salvaxada como o 11S cunha foliada galega? Como pode alguén usar unha imaxe relacionad#blgtk08#a ca morte de 3000 persoas cunha festa galega? Como pode alguén usar unha imaxe que para moitos dos familiares dos falecidos é sinónimo de dor para anunciar algo que é alegría?
Sinceiramente, entendo que Henrique non o quite porque é unha persoa íntegra que non quere pasar por censor, xa que non o é, pero dende aquí pido que o creador ou a organización deste evento solicite a súa retirada inmediata!!!!
Hai que ter un pouco de sentido e decatarse de que non todo vale!!!
Comentario por Edu (26-09-2012 11:30)
2 Totalmente de acordo Edu, non ten sentido, #blgtk08#ademáis de ser un cartel moi pouco currado.
Comentario por Carlinhos de Arcade (26-09-2012 11:56)
3 Tódala raz#blgtk08#ón Edu...
Comentario por Maguey (26-09-2012 15:43)
4 É o peor cartel que merei xamais. Para unha foliada, non fai falta facer reclamos con bandeiras nin con lumes. A forza da convocatoria, está en informar ós s#blgtk08#eareiros deste tipo de eventos, pero non, molestando a vista. O lume dos instrumentos, e a propia expresión, van en contra destes chabacanos deseños.
Comentario por Carmiña (26-09-2012 15:54)
5 Totalmente de acordo con Edu e polo que v#blgtk08#exo Henrique quitouno da vista. Gracias!
Comentario por Santiago (27-09-2012 12:21)
6 http://www.coachoutletpursee.org/ cheap coach purses
http://www.coachoutletonlinespurse.org/ coach purses outlet
http://www.coachsoutlets2you.net/ coach outlet online
http://www.coachfactorybagss.org/ coach factory outlet online
http://www.get-coachoutletonlines.com/ coach outlet online
http://www.coachoutlets--canada.com#blgtk08#/ coach outlet online
http://www.coachoutletusaonline2013.net/ coach outlet store
http://www.louisvuittonpursesoutletss.com/ louis vuitton purses
http://www.coachfactorystorees.net/ coach factory outlet
http://www.coachoutletusahop.org/ coach outlet online
http://www.buycoachsoutletfactory.net/ coach factory outlet online
Comentario por coach factory (04-10-2012 13:38)
7 http://coachfactoryoutletonsell.com
For the purpose of timeless fashionistas, get a gentle chiffon or even #blgtk08#wide lace top generated clutch case for old pigments along the lines of rustic off white as well as washed out red
Comentario por Coach Factory Outlet (23-11-2012 08:21)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer