Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Astarot volve a casa (Cangas do Morrazo)
Un heavy metal cangués que persiste no tempo
O grupo Astarot volve ao escenario local


Aínda que os comezos da década dos 80 non eran os mellores para tocar heavy metal nunha vila como Cangas, o grupo local de Astarot conseguiu saír adiante e presenta este sábado, no concerto de fin de xira, o seu sétimo disco.

Tiña tan só 17 anos cando o cangués Carlos Gandón decidiu formar un grupo de heavy metal. Pouco despois xa nacera o primeiro tema propio coñecido como "Raíña Solitaria", así como o nome da banda: Astarot. Pero foi máis tarde cando arrincou a formación histórica do grupo, no que aínda permanecen Wes (voz), Carlos Rodal (baixo), Tony (teclado e voces), Jose (batería) e o propio Gandón. Os seus primeiros dous discos foron integramente en castelán, o que fixo que Astarot traspasase as fronteiras de Galicia pero no terceiro ("Apuesta y gana") comezaron a apostar polo galego. Seguíronlle así tres grandes obras: "Astarot e The Refrescos", "O sentir dunha terra" e "Longa noite de pedra".
Despois de catro anos sen actuar en Cangas, as raíces da súa alma, Astarot volven a casa este sábado a partir do dez da noite. "Vai ser a cana", asegura Carlos Gandón. "A xente non facía máis que preguntarnos cando actuariamos na casa, porque sempre estabamos actuando fóra, e aquí estamos, cheos de novas sorpresas e con moitas gañas".

O concerto terá lugar no SalaSon e será especial, non só por esas novidades que promete o guitarrista senón que tamén é o final dunha xira que atrapou a moitos novos seguidores. "Foi unha pasada. Normalmente sempre tocamos ao final e a xente quedaba só para mirarnos", comenta Carlos ao respecto, xa que a banda coincidiu en varias actuacións con cantantes como David Civera, O Soño de Morfeo, entre outros moitos.
Tamén será algo diferente porque hai máis de 20 anos que Gandón, Wes, Carlos Rodal, Tony e Jose non tocan nunha sala pechada. "Non é ou noso escenario favorito porque ao ter un aforamento limitado cabe a posibilidade de que haxa xente que quede fóra", lamenta o guitarrista. Aínda que, polo outro lado, agradece poder actuar en casa. As entradas saíron á venda o venres en despacho de billetes e a tan só catro días xa se atopan case todas vendidas.

Xa en tempos pasados, nos concertos polos arredores, lograban reunir a moito público. Ao comezo, nos anos 80, a oferta musical escaseaba e había unha gran demanda de actuacións. Pero tras o paso dos anos este grupo cangués de heavy metal e de rock deixou claro que a súa música non só era demandada pola falta de oferta, senón que co seu estilo propio conseguiron cativar a un gran público.

Sorpresas gardadas
Con todo, a maior sorpresa da noite non será unicamente a súa aparición sobre un escenario cangués, senón que, con motivo do seu trixésimo aniversario, que se celebrará o ano que vén, Astarot anuncia a gravación do seu novo disco. Aínda non saben como se chamase, pero o guitarrista asegura que "unha vez que finalicemos con todos vos concertos, comeza a época de meterse en cheo co novo traballo".
O grupo conta con que salga á rúa o mes de febreiro do ano próximo. Comporase de entre 12 e 15 cancións inéditas e de creación propia, "aparte dunha gran sorpresa que por agora non imos anunciar". Todo un misterio ao redor do traballo dun dos grupos máis veteranos do mundo heavy.

www.farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-09-2012 14:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer