Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Festival As PenizasFolk (Paramos-Tui)
O monte das Penizas, en Paramos (Tui), un auténtico miradoiro do Miño, é o lugar elixido para o I Festival Aspenizasfolk que se celebrará mañá sábado, desde as 11.30 horas, e incluirá un concerto a cargo de Anxo Lorenzo Band, que presentará o seu novo disco, a partir das 20.00 horas.

Aspenizasfolk, que nace con vocación de continuidade, contará, en caso de choiva, cunha carpa de 800 metros cadrados. O programa comezará ás 11.30 horas coas actuacións do grupo folk A Nosa Xente de Paramos, treboada Baixo Miño de Tomiño e o grupo folk Na Revolta da Guarda. A partir das 20.00 horas presentaranse ante o público o grupo de gaitas S. Tiago de Cardielos (Portugal), Pelepau de Vigo, J. Manuel Caballero e Cía e Anxo Lorenzo Band, coa colaboración da Banda de Gaitas San Xoán de Paramos.

Master class de gaita
O sábado e o domingo próximos terá lugar no Centro Cultural Laxes de Paramos, de 10.00 a 13.00 horas, unha Master Class de perfeccionamento da técnica de gaita para un máximo de cincuenta alumnos. Estará impartida por Anxo Lorenzo.
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 21-09-2012 14:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer