Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Milladoiro na Coruña
Teatro Colón (A Coruña)
venres 29 de xuño ás 20:30


Tocar na Coruña sempre nos serviu para coller folgos e continuar a nosa carreira. É coma ir comer á casa da nai os domingos. E máis no Teatro Colón, que é coma a nosa casa?. Deste xeito presentaron este martes Moncho García, Pepe Ferreirós e Nando Casal o concerto que Milladoiro ofrecerá este venres na Coruña, o primeiro en case tres anos.

?Estámonos indo aos anos setenta a nivel de programación, xusto cando seguramente estamos vivindo o mellor momento da cultura e da música galega?

Na rolda de prensa na que ofreceron os detalles do concerto, os tres integrantes orixinais da formación fixeron fincapé no difícil momento que viven as industrias culturais, as artes escénicas e a música en concreto: ?estámonos indo aos anos setenta a nivel de programación, xusto cando seguramente estamos vivindo o mellor momento da cultura e da música galega?, salientou Nando Casal. Pola súa banda, Pepe Ferreirós destacou a necesidade de que ?o público recoñeza a súa identidade na música, que se reafirme nesa diferenciación, iso é o que nos deu pulo durante 33 anos?.

Os tres músicos chamaron a atención sobre a marca creada polo grupo, cun son moi recoñecible máis aló dos cambios na formación, pero mesmo así salientaron que este venres estarán na Coruña cinco dos seis integrantes orixinais do grupo. "Nós o que pretendemos nestes 33 anos foi darlle unha continuidade á música tradicional, iso si, adaptándoa aos tempos que corren. A música tradicional galega, coma en calquera país, tivo unha dimensión funcional, moi ligada ao mundo rural e ás tarefas do campo", dixo Ferreirós. E de aí transformouse no que hoxe é, grazas a creadores coma Milladoiro.

A Coruña e Milladoiro están ligados dende hai moitos anos, dende o inicio da formación

O grupo leva máis de 33 anos en activo, nos que editou 24 discos, obtendo o recoñecemento do público e da crítica, tanto en Galicia coma noutros países (segue sorprendendo o éxito que manteñen en Xapón ou Canadá). A Coruña e Milladoiro están ligados dende hai moitos anos, dende o inicio da formación. No propio Teatro Colón no que actuarán este venres presentaron, por exemplo, o seu último disco, A Quinta das Lágrimas, en 2008, pero trinta anos antes a cidade vira nacer a Milladoiro: O 15 de maio de 1979 o auditorio do Colexio Salesianos foi o escenario do primeiro concerto do grupo, cuxo nome se decidira nun bar da cidade (no desaparecido Chantada, na rúa Feijoo) e do que o seu primeiro disco, A Galicia de Maeloc, se editara na coruñesa Ruada. Polo tanto, hai moito de Coruña nesta formación tan viguesa e tan compostelá, por outra banda. Por iso, Milladoiro volve á casa.


www.praza.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-06-2012 10:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0