Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Café da memoria adicado aos vellos gaiteiros (Compostela)
Café da Memoria: Gaiteiros. 28/06/2012

CAFÉ DA MEMORIA: GAITEIROS xoves, 28 de xuño de 2012, ás 18:00 h. Unha parola con café compartida cos nosos e nosas maiores. Un xeito de achegármonos ás súas experiencias: á súa nenez e mocidade, ao traballo, ao amor, ás celebracións, aos cambios das últimas décadas... Relatos que nos poden axudar a interpretar o mundo no que vivimos.

Un encontro que conta coa xenerosidade de persoas que traballan encol da recuperación da nosa memoria colectiva e daqueles que son fonte viva da historia recente. Grazas aos músicos que, nesta ocación, prestan a súa voz e a súa arte para esta xeira:

- Juan Bello Mallou, gaiteiro (Compostela)
- Ramón Carou, gaiteiro (Rianxo)
- Francisco Ferreira Vázquez,
- Celso Ferreira Fernández,
- Recaredo Pena Vázquez, Gaiteiro, caixa e bombo (Vilar. Calvos de Randín)
- Manolo Solla, gaiteiro (Vigo)
- Florentino Ruibal "Flor da Maquía", gaiteiro (Ordes)
- Julio Vázquez Carril, gaiteiro (Arzúa)


Agradecemos a súa colaboración tamén a: Castor Castro, José Luís Dopico Orjais, Xoán Ramón marín Martínez, Patricia Noya Ruibal, Luís Prego, Carlos Rodríguez Osorio, Asociación de Gaiteiros Galegos.

Agardamosvos a todas e todos no Museo o xoves a partir das 18h00. A participacion e libre e tratase de facer tertulia, parola cos protagonistas, bos conversadores e mais fantasticos musicos.


Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-06-2012 11:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer