|
|
|
|
|
|
| Fin de curso na Tradescola (Lugo) |
|
CELEBRACIÓN DO FIN DE CURSO NA TRADESCOLA
Este XOVES día 21 de Xuño a partir das 19.30 h., celebrarase no Centro Lug II (Lugo) o concerto de fin de curso da Tradescola, actividade que porá peche ao curso 11/12 e na que actuarán alumnos e profesores de dito centro. Deste xeito, a escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos remata as clases que se impartiron durante este curso. Posteriormente, ás 21.30 h. realizarase unha cea-festa á que asistirá o alumnado, docentes e convidados.
A TRADESCOLA contou durante este curso con máis de 220 alumnos matriculados, o seu equipo docente está formado por 9 mestres encargados de impartir as aulas de zanfona, gaita, acordeón, baile tradicional, canto e pandeireta, técnica vocal, percusión, requinta, e linguaxe musical. Os mestres implicados son Bruno Villamor, Mª Carmen Saborido, Luis Correa “ O Caruncho”, Xerardo Quintela, Xabier Iglesias, Pedro David Lamas, Begoña Lorenzo, Xela Conde, e Xose Lois Romero Cajigal, todos eles son recoñecidos profesionais e contan cun dilatado curriculo, como músicos e como docentes, no eido da música tradicional galega.
RESERVA PRAZAS PARA O VINDEIRO CURSO
Informamos asimesmo que a Tradescola ven de abrir o periodo de reserva de prazas para o vindeiro curso 2012/2013, reserva que permanecerá aberta ata finais de xuño.
Para a reserva de prazas ou para obter máis información pódese dirixir á TRADESCOLA, situada no Complexo Residencial Xuvenil Lug II (Rúa Pintor Corredoira Nº 4 - LUGO), chamar ao teléfono 982229966 ou enviar un mail a tradescola@gaiteirosgalegos.com
www.gaiteirosgalegos.com |
|
|
|
|
| Deixa o teu comentario |
|
|
|
|
|