Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza

Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Ortigueira quere recuperar a esencia folk
O festival de Ortigueira quere recuperar a súa maxia dos primeiros anos. Cumpre 28 edicións cunha asentada fama internacional. E sen deixar de atraer a miles de persoas na pequena vila mariñeira, quere volver ao espírito e ambiente de folk céltico en estado puro, sen interferencias electrónicas das numerosas carpas de danceque pululaban os últimos anos no pinar da impresionante praia de Morouzos, onde se sitúa a zona de acampada libre.

O alcalde de Ortigueira, Rafael Girón, asegurou onte que perseguirá esas polémicas instalacións para recuperar a esencia dun festival que, pese á drástica reducción do seu orzamento (400.000 euros como hai unha década), seguirá sendo gratuito.

O cartel, do 12 ao 15 de xullo, estará encabezado polos galegos Crema de Gaita así como, por primeira vez, os escoceses Blazin' Fiddles, os irlandeses Electric Céilí e os galeses Jamie Smith’s Mabon. O violonista Rua Macmillan e a Escola de Gaitas de Ortigueira, que presentará a obra de Ernesto Campos adicada ao certame, tamén destacan na oferta dos 15 concertos en total que se sucederán este ano. "Nun momento no que todo costa máis, o festival manterase sen competencia como a alternativa máis económica do verán", asegurou o alcalde. Co renovado patrocinio de administracións públicas e empresas privadas, os axustes para aforrar cartos se concentran na frecuencia, máis reducida, nos buses gratuitos entre os principais puntos do certame. Terá como complemento á música unha exposición sobre a gaita e os oríxes da cita de Ortigueira, ademáis da tradicional feira de artesanía.

www.elpais.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-06-2012 09:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer