Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O primeiro método infantil de gaita galega adianta a aprendizaxe aos 6 anos |
|
Hai xa quince anos que Xaime Estévez, músico e profesor, comezou a dar clases de música a nenos pequenos e atopouse cun baleiro en canto a material didáctico. Xa entón tivo a idea de crear un manual de ensino de gaita pensado para os máis pequenos, pero non foi ata agora cando esa idea converteuse en realidade. A Asociación de Gaiteiros Galegos acaba de publicar "Son do fol", o primeiro método infantil de iniciación á gaita galega que permite adiantar o ensino deste instrumento aos 6 anos en lugar dos 10, que era a idade máis habitual.
O libro ofrece ao profesorado de centros de ensino obrigatorio e escolas de música unha ferramenta que ata agora non existía para achegar aos nenos non só o mundo da gaita, senón tamén da cultura tradicional. "O material está testado cos meus alumnos todos estes anos e comprobamos que funciona moi ben", asegura o profesor.
Os nenos aos 5 anos empezan co pito galego, que ten unha digitación igual á da gaita pero non precisa a forza pulmonar desta, que pode lograrse a partir dos 12 anos. "Coincide coa forma tradicional de aprender a tocar a gaita; os nenos fabricábanse no campo un pito e aprendían a tocar e, despois, pasaban á gaita, que tamén algúns se fabricaban eles mesmos coa vejiga dun animal", describe Estévez.
O libro é tamén un caderno de actividades e contén un CD de apoio con partituras, audicións e vídeos. A idea pedagóxica orixinal de Estévez complétase co deseño de Ramón Marín que o fai moi atractivo para os pequenos.
O repertorio está moi escollido. Trátase de cancións do folclore galego e todas elas pódense cantar. "Ao cantar, os nenos memorizan moi ben as melodías, pedagóxicamente é a mellor maneira de empezar; as partituras son un simple apoio e, ao principio, non hai que darlles maior importancia", aconsella o profesor e membro do grupo "Os terribles de Doas".
Inclúe tamén actividades, anécdotas, formas de fabricar un instrumento, datos sobre algúns dos músicos populares galegos, adiviñas, cancións e algo de linguaxe musical. "É un manual interdisciplinar, a música é unha das facetas da cultura tradicional. Ata agora as clases aos nenos dábanse de maneira moi individual pero grazas a este manual pódese traballar tamén en grupo", conclúe o autor.
www.farodevigo.es
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|