|
|
|
|
|
|
| II Foliada de Orbazai (Lugo) |
|
 Este sábado celébrase a II Foliada que organiza a Asociación Airiños de Orbazai
Xermán Gómez, presidente da Asociación de Veciños de Orbazai e o Tenente-Alcalde, o nacionalista Antón Bao, presentaron hoxe en rolda de prensa a II Foliada de Orbazai. Este encontro de grupos música tradicional celebrarase o sábado, 2 de xuño, a partir das 17:00 no campo da festa da parroquia de Orbazai no Concello de Lugo.
Nesta segunda edición da Foliada de Orbazai participaran os grupos:
- Alejandro & Tomas (Lugo),
- Reviravolta (Lugo),
- Caivanca (Lugo),
- Antaruxas e Sorteiros (A Fonsagrada),
- Arricandeira (Lugo)
- Grupo Nasdrovia (Outeiro de Rei),
- Xesta Verde (Friol),
- Folquiada de Lugo (Lugo),
- Os Trastiños de Castelo (Lugo)
- Airiños de Orbazai (Lugo).
Antón Bao felicitou aos organizadores por, “conxugar á perfección a recuperación do noso patrimonio inmaterial, pular polo desenvolvemento do medio rural, apostar polos recursos endóxenos e ademais facer festa”. Para o responsable de cultura do concello de Lugo “este encontro festivo é un modelo de como manter a actividade cultural e festiva de xeito sostible nestes tempos de crise e ao mesmo tempo poñer en valor a todos os colectivos e persoas que traballan na conservación da nosa música e das nosas tradicións”.
O presidente da Asociación de Veciños de Orbazai, organizadora do evento, convidou a todos os lucenses a participar e destacou “a xenerosidade de todos os grupos participantes que o farán de xeito totalmente desinteresado” ademais informou que “ao final dos concertos todos os participantes e asistentes estarán convidados a tomar uns pinchos por cortesía da organización”. Tamén informou que a II Foliada de Orbazai estará presentada pola xornalista Mª Xosé Fernández Azpeitia. Xermán Gómez tamén agradeceu a colaboración e implicación da área de cultura do Concello de Lugo.
www.lugo.es |
|
|
|
|
| Deixa o teu comentario |
|
|
|
|
|