Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Os Cempés presentan o seu novo álbum Tentemozo

O luns 28 de maio ás 19.00 horas na Casa das Crechas de Compostela, Os Cempés presentan o seu novo álbum Tentemozo.
Será un acto para medios de comunicación e amigos no cal a banda vai tocar un par de temas en formato acústico.

Xa podes escoitar o álbum en Spotify ou en itunes, a partires do 29 de maio estará dispoñible nas mellores tendas de música.

Toda a información deste novo traballo pincha en: FOL MUSICA

OS CEMPÉS voltan aos escenarios cun novo álbum para celebrar os 20 anos que pasaron dende o seu primeiro concerto oficial.

A banda se reinventa de novo con TENTEMOZO, nunha nova gravación na que participan máis de 50 artistas entre músicos, técnicos e creativos.

TENTEMOZO é o quinto álbum desta banda das terras do Ferrol, e ó mesmo que aconteceu cos seus discos anteriores, neste Os Cempés atopan novos camiños sonoros e recrean con novos timbres o seu propio son característico e único.

Este álbum é posíbel grazas o financiamento de 740 seguidores e amigos incondicionais da banda. Cada un deles está nomeado no libreto do álbum.

O repertorio é unha selección de músicas para bailar, as máis fermosas coplas e as mellores melodías do cancioneiro popular, arranxadas polo propio grupo agás novas composicións. A dirección artística e coordinación xeral foi de Oscar Fernández.

O son de TENTEMOZO é unha exaltación do carácter acústico dos instrumentos populares, nunha sucesión de temas con arranxos que van dende o máis íntimo ao máis orquestrado, todos eles rexistrados do xeito máis fidedigno posible, sempre baixo a mestría e implicación no proxecto de Tomás Ageitos, técnico e gurú do Estudio A Ponte, en Compostela.

Música da Terra para comezar unha revolución, e tamén para namorar, para bailar sen parar toda a noite, para rir, para sentir sensacións de tempos pasados ou como banda sonora dos presentes.

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 24-05-2012 09:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer