Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XXVI Día da Muiñeira en Arteixo
A Asociación Xuvenil Xiradela de Arteixo, convoca o XXVI Día da Muiñeira que terá lugar o próximo día 10 de xuño, ás 18:00 h. na Avda. do Balneario.

BASES DO XXVI DÍA DA MUIÑEIRA


1. Poderán participar no mesmo todos aqueles Centros, Grupos Folclóricos, Asociacións Xuvenís, etc., que o desexen.

2. Cada Centro, Asociación, etc. poderá inscribir o número de grupos que o desexe.

3. Os grupos deben presentarse con traxe tradicional ou unha uniformidade.

4. A Muiñeira a bailar será a “MUIÑEIRA DE MURADELLE” (tradicional) adaptada en catro puntos e cinco voltas. Bailarase catro veces con breves descansos.

5. O prazo de inscripción remata o 6 de Xuño. As follas debidamente cumplimentadas deberán enviarse a:
Correo ordinario: Asociación Xuvenil “Xiradela”,
Polígono de Sabón, 5.
15142 Arteixo.
Correo electrónico: xiradela@yahoo.es

6. Os grupos inscritos deberán concentrarse diante do Pazo dos Deportes (zona escolar), ás cinco da tarde.

7. Haberá un agasallo para cada Asociación e merenda para tódolos participantes.

Tlfnos. de contacto: 981641125 (Xiradela), 675527543 (Raquel)
620187774 (Tania)
650145608 (Mariña)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-05-2012 13:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer