|
|
|
|
|
|
| Esgotadas as entradas para o Festival Terra da Fraternidade |
|
O peixe está todo vendido… o Auditorio non da para máis
Sentímolo moito por todos os que queriades compartir con nós este festival pero aínda non comprárades a entrada, pero o Auditorio non da para máis, as máis de 900 entradas rematáronse antes de que puideramos abrir a taquilla. Teríamos enchido dous auditorios ou tres se fora polo entusiasmo que todos e todas demostráchedes e a cantidade de peticións de entradas que recibimos estes últimos días. Quizáis a próxima vez optemos por un campo de fútbol!
Para os que non poidades estar no Auditorio de corpo presente, o festival retransmitirase en streaming a través dun enlace que se facilitará na web e nas redes sociais, así que estade atentos que se vos dará a posibilidade de disfrutalo desde casa de balde. Quen dicía que había que revivir o espírito do Zeca.. .está claro que estaba moi vivo. Graciñas a todos e todas
http://terradafraternidade.com/ |
|
|
|
|
| Deixa o teu comentario |
|
|
|
|
|