Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza

Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Curso de técnica vogal no canto tradiciona​l na Pobra de Brollón
A Tradescola impartirá un curso de técnica vogal no canto tradiciona​l na Pobra de Brollón

Esta mañá tivo lugar a presentación da vindeira actividade que desenvolverá a Tradescola: un curso de técnica vogal no canto tradicional que impartirá Begoña Lourenzo e que terá lugar o vindeiro día 29 de abril na Casa da Cultura da Pobra de Brollón. O curso desenvolverase entre as 10 da mañá e as 2 da tarde e xa conta con 30 persoas inscritas, que é o número máximo de prazas.

Á presentación asistiron o delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, Mario Outeiro, Antonio Veiga, vicepresidente da Deputación, o alcalde e o concelleiro de Cultura da Pobra de Brollón, Xosé Lois Maceda e Ricardo Rodicio, e a coordinadora da Tradescola, Mónica Fernández.

Este tipo de actividades que organiza a Tradescola fóra da súa sede en Lugo, van no camiño incrementar a presenza da música e do baile tradicional galego en todas as comarcas lucenses e, en concreto, a actividade que se vai desenvolver na Pobra de Brollón trátase dun curso de técnica vogal no canto tradicional, impartido por Begoña Lorenzo, no que os asistentes poderán aprender exercicios de técnica vogal para o dominio e control da voz, exercicios de respiración, expresión, etc, aplicando posteriormente todos estes recursos e coñecementos en pezas do repertorio tradicional.

Este curso está englobado no conxunto de actividades que a Tradescola organiza ao longo do ano a maiores das clases semanais que imparte en Lugo; actividades como cursiños monográficos, charlas, exposicións, concertos, e outras xornadas de promoción da música tradicional, organízanse co obxectivo de ofrecer formación a todas as persoas interesadas na cultura tradicional e poder colaborar con asociacións de todas as comarcas lucenses. A actividade da escola, aínda que centrada en Lugo (a escola está situada no Complexo Residencial Xuvenil LUG II, na Rúa Pintor Corredoira Nº 4), trasládase a través de diversas accións formativas ás distintas comarcas da provincia. Esta escola está servindo como motor para realizar distintas actividades que poidan servir para potenciar, difundir e normalizar a nosa música tradicional.

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-04-2012 09:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer