Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Obradoiro de percusión tradicional (Melide)
A AGG, na súa pretensión de abarcar todos os ámbitos da música tradicional, organiza o vindeiro sábado 28 de abril como ven sendo habitual, coincidindo coa Foliada de Melide, un seminario que ao igual que as últimas edicións que espertaron un grande interese, versará sobre percusión tradicional.

Os instrumentos de percusión moitas veces quedan relegados aun segundo plano, nembargantes a música tradicional galega é moi rica nesta tipoloxía de instrumentos, que complementan á melodía principal e que teñen a súa propia partitura e a súa propia melodía.

Con este seminario, a Asociación de Gaiteiros Galegos quere incidir e poñer en valor este aspecto da nosa música, contando nesta ocasión con dous recoñecidos especialistas como son Xavier Blanco e Xaquín Xesteira.

Xavier Blanco comeza a tocar a gaita con 8 anos, é músico, investigador e mestre de gaita, experto en instrumentos pobres ten editados varios traballos.

Xaquín Xesteira empeza a súa andaina na Sociedade Cultural de Cambados, recibiu clases de Nando Casal e Carlos Núñez e forma parte dos grupos Treixadura e Sondeseu.

Con este seminario preténdese crear un punto de encontro e formación para todas as persoas interesadas na música tradicional galega e en especial na percusión, achegando a cultura tradicional a toda a poboación.

Prégase aos partipantes que aporten instrumentos.

Para formalizar a inscripción hai que enviar o impreso que se pode descargar aquí debidamente cumprimentado a Asociación de Gaiteiros Galegos por correo ordinario, Lugar de Quintán 3, 36121 Viascón - Cotobade, Pontevedra; ou por correo electrónico a secretaria@gaiteirosgalegos.com

O prazo de inscrición rematará o 26 de abril ou cando se complete o aforo. En tal caso, aplicarase o criterio de orde temporal de recepción de solicitudes de inscrición. A matrícula é gratuíta.

O programa para o Seminario de Percusión que se celbrará o vindeiro día 28 de abril no Edicficio Multiusos de Melide será o seguinte:

- Mañá 11 horas: "Os instrumentos pobres na tradición galega". Xavier Blanco

- Tarde 17 horas: Sesión práctica. Xaquín Xesteira

Prégase aos participantes que aporten instrumentos

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 27-04-2012 09:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer