Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza

Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Entrevista a Pancho Álvarez
Pancho Álvarez, unha figura singular do folk galego, formado na cidade, volve a ser actualidade co seu novo disco 'Sonche Atlántico' que saíu onte a venda e que ser presenta hoxe oficialmente en Santiago.

Pancho Álvarez ten, dende onte novo disco no mercado.Nace no Porriño e comeza a tocar a guitarra aos dez anos cos seus irmáns. Nos 80 forma parte de Na Lúa, agrupación na que estará 15 anos. Na seguinte década estrénase en Matto Congrio e no Grupo 3. En 1995 inicia a súa colaboración con Carlos Núñez, acompáñandoo nas súas xiras internacionais. En solitario ten 'Florencio, O cego dos Vilares' (1998) ; 'Nas cordas' (2001), 'Sólidos Galicianos' (2003) e este ano, 'Sonche Atlántico'. Do seu novo traballo, no que colaborou Suso de Toro e Antón Reixa, falou para este medio.

Hai quen ve neste disco a procura de novos camiños expresivos.
Xordíu con ánimo de compartir experiencias creativas no mundo da música. Fago un percorrido polo Atlántico: nesta beira e na outra, tentando sintetizar as referencias que me chegan e emulando o son galego para o transformar nalgo propio.

Mestura temas de autor con cantigas populares. Cal é o criterio de combinación?
Escollo ritmos e melodías galegas a partir das influencias atlánticas. Busco esa convivencia do son tradicional coa música do noso tempo, dosificando cada aportación.

América, a Europa celta... son pobos moi diferentes, que aportación común fai o Atlántico nestas terras?
En Galicia, dende a Idade de Bronce ata a época celta, o Atlántico tivo unha influencia moi marcada. No outro lado, a partir do Descubrimento, o movemento migratorio a través do océano que xerou os estilos musicais de onde xurdiron as músicas actuais.

Neste novo traballo en solitario, que queda do Pancho Álvarez de Na Lúa ou Matto Congrio, dous dos grupos máis singulares do panorama galego?
Xa levo bastantes anos co mesmo obxectivo, de reinterpretar a tradición coa linguaxe musical actual. Apréciase ao longo de toda a miña traxectoria. No futuro pode variar no seu grado, pero non na intención.

Este é o seu disco de madurez. Cre que coincide cunha idade de ouro do folc galego?
En Galicia cumprimos a maioría de idade na xestión dos recursos culturais, e en concreto na música. Os músicos galegos están en plena evolución e por distintos camiños.

www.atlantico.net
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-04-2012 10:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer