Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Novo disco de Pancho Álvarez

Pancho Álvarez presenta “Sonche Atlántico” o seu cuarto álbum en solitario, un traballo que mostra a evolución vital do artista na busca de novos camiños creativos e a mestura dos sons acústicos da música tradicional con guitarras eléctricas, arranxos experimentais e textos contemporáneos do recoñecido escritor galego Suso de Toro ou do artista multimedia Antón Reixa.

O álbum conten doce novas gravacións inspiradas no grandioso e inmenso Océano Atlántico, cun pé na música galega e outro pegando nas terras que comparten este océano cheo de sons procedentes do norte e do sur americanos, das costas africanas, das portuguesas, das de Irlanda e da Bretaña francesa, etcétera.

“Sonche Atlántico” contén cancións de autor e cancións con melodías tradicionais coas que Pancho ten unha especial relación emocional, un vinculo creado a través das experiencias nas súas viaxes, da xente que vive a carón do mar, co mito do fin do mundo ou coa forza da natureza e da paisaxe atlántica. Hai tamén cancións cheas de humor e de vivencias cotiás dos pobos e aldeas galegas, seguindo a liña da tradición oral da que Pancho é admirador e coñecedor.

Pancho Álvarez é un dos nomes máis destacados da música galega, desenvolve o seu particular perfil como músico utilizando instrumentos de corda: violín, viola, viola da gamba, zanfona, mandolina, bouzouki, guitarras eléctrica e acústica, guitarra tenor, ûd, cuatro venezolano e baixo. Ademais toca a concertina, o acordeón e a percusión, é compositor, arranxador, gran coñecedor do folclore e tradición da música galega, foi membro de Matto Congrio, Na Lúa, é músico estable da banda de Carlos Núñez coa que xira de cotío por todo o mundo.

Gravado o mesturado por Pancho Álvarez nun logo proceso creativo, o álbum e froito do traballo intenso na busca dun son propio que mostra a forte personalidade musical de este artista galego. Escoitamos con pracer estas grandes e sinxelas cancións de autor.



www.folque.com
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 03-04-2012 10:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer