Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Xardín Desordenado en Gondomar
Boa música para boa poesía

O Instituto de Estudos Miñoranos en colaboración coa Concellería de Cultura de Gondomar organiza un concerto de Xardín Desordenado no que presentarán a súa última gravación coa fin de promover a poesía galega. Neste último disco recóllense dezaseis poemas musicados, que, pola variedade xeracional e estilística, pode constituír unha mostraxe significativa dos poetas contemporáneos.

Xardín Desordenado está integrado por:

ü Isaac Garabatos (Guitarra).Vigo, músico e compositor, diplomado en harmonía contemporánea e música moderna en "Ateneo Jazz" (Madrid).
ü Marlene Rodrigues (Voz). Monção, cursou estudos de lírica na Escola de Música Pedro Fesh, baixo a dirección do profesor João Merino, e logo na Escola de Jazz de Porto.
ü Santiago Ferragud (Guitarra e Voz). Algemesí (Valencia). Forma parte de Los Temples, un mítico grupo de Vigo, formado nos anos sesenta e especializado en rhythm and blues e soul.
ü Blas Segura (Guitarra) Procede de Arguineguín (Gran Canaria) onde participou na gravación de varios discos. É profesor de guitarra, baixo e teoría musical moderna
ü David Outumuro (Percusión). Ourense. Diplomado en Percusión Tradicional e Licenciado en Percusión Clásica.

No programa inclúense textos de: Álvarez Cáccamo, Fernán Vello, Eduardo Estévez, Xohán Cabana, Ramiro Fonte, Daniel Salgado, Serxio Iglesias, Manuel Rivas, Rafa Villar, Álvarez Blázquez, Pereira Valcárcel, Manuel María, Anxo Quintela, Uxío Novoneyra e Kiko Neves

O concerto de presentación deste disco terá lugar o venres 23 de marzo ás 20:30h. no Auditorio "Lois Tobío" de Gondomar.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-03-2012 16:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer