Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Remata o prazo do Proxecto Runas (Festival de Ortigueira)
O Festival Ortigueira convoca o Proxecto Runas 2012 para impulsar aos grupos emerxentes de música celta

Volve o Proxecto Runas, o concurso a través do que o Festival Ortigueira servirá como plataforma promocional para os novos creadores da música de raíz. Están convocados a participar todos os grupos emerxentes de calquera procedencia que busquen facerse un sitio no panorama folk. As tres mellores bandas competirán en directo durante a próxima edición do evento música, que se celebrará do 12 ao 15 de xullo. O premio, unha praza segura no cartel do 2013.

Como participar?
As formacións deberán enviar en MP3 á organización (runas@festivaldeortigueira.com ou ben correo ordinario ao Festival Internacional Mundo Celta- Proxecto Runas-Praza Isabel II s/n 15330 Ortigueira), ata o 26 de marzo os seus cinco mellores temas propios. Xunto a estes cortes, haberán de incluír un breve dossier informativo e a documentación de inscrición, que pode descargarse na web oficial.

Poderá participar calquera grupo, calquera que sexa a súa procedencia, que teña un máximo de sete compoñentes e conte cun repertorio mínimo dunha hora de duración. Estarán, iso si, excluídos aqueles que se clasificaron para a final do certame Runas nalgunha das catro últimas edicións.

Selección
Un comité técnico, nomeado polo Concello de Ortigueira, realizará unha primeira selección de ata quince grupos. A segunda fase correrá a cargo dun xurado, integrado por axentes musicais, artistas e técnicos, aos que se sumará, como un máis, o voto emitido polos internautas que visiten a nova web oficial, entre o 11 ao 25 de abril.

As tres bandas finalistas actuarán en Ortigueira recibirán, en concepto de compensación para afrontar os gastos de aloxamento e, moi especialmente, de desprazamento, contías que oscilarán entre os 1.000 e os 2.500 euros.

Finalmente, un xurado, presente entre o público, decidirá tras estes concertos, cal é a formación gañadora, que volverá tocar no escenario principal en 2013 e embolsarase 3.000 euros por esta actuación.

Trece anos de traxectoria
O Festival Ortigueira aposta, unha vez máis polo “Proxecto Runas”, unha iniciativa consolidada que serviu longa de vida para impulsar bandas como La Bruja gata, Rare folk, Quempallou, Bellón & Maceiras ou a andaluza Stolen Notes, que actuará no vindeiro festival como gañadora da pasada edición do concurso.

www.festivaldeortigueira.com
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 26-03-2012 10:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer