Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Luar na Lubre publicará en xuño o seu disco 'Mar Maior'

Mar Maior. Ese será o título do novo disco do grupo Luar na Lubre, que xa está botando horas no estudio da gravación para poder lanzalo ás tendas en xuño.

Tratarase dun álbum de longa duración, cunhas 15 cancións e no que se estreará a nova voz da banda: Paula Rey. O disco continuará a senda aberta polo anterior traballo do grupo, Solsticio, no que se musicou un feixe de cantigas da lírica galego portuguesa. "Este será un álbum que, en parte, está inspirado na lírica galego-portuguesa, un camiño que xa exploramos con Solsticio, pero non o entendemos como unha segunda parte do traballo anterior. Hai unha continuidade, iso si; pero son discos diferentes, con sonoridades distintas.", sinala Bieito Romero, membro do histórico conxunto musical.

O novo traballo discográfico de Luar na Lubre, ademais de beber da lírica medieval galego-portuguesa, tamén furará na tradición e na historia de Irlanda. "O álbum tamén estará inspirado no Leabhar Ghabhála, o libro das invasións, que é da mesma época das cantigas galego-porutugesas. É un texto mítico no que se fala da chegada dos galegos a Irlanda, no que aparecen elementos e cidades galegas como Brigantia. É un disco que conecta Galicia con Irlanda. O Mar Maior do que se falou en tantas ocasións, o Atlántico, é o que une a estes dous pobos irmáns", explica Romero, que adianta tamén que o grupo musicará tamén ao mítico bardo Amergin.

Mar Maior atópase en fase de gravación. Os músicos andan a traballar co obxectivo de entregarlle á discográfica os temas definitivos a comezos de maio para lanzalo ao mercado xa en xuño. Luar na Lubre está a compaxinar estes días os ensaios coa gravación dunha serie de temas que serán totalmente inéditos para o público. "Son cancións que aínda non interpretamos ante o público. Normalmente, as cancións doutros discos xa as tocábamos nos concertos antes de gravalas. Pero neste caso, non é así. Serán totalmente novas para o público", sinala Bieito Romero, que recoñece que o repertorio "aínda non está pechado", pero que seguramente contará "cunhas quince cancións e unha hora de duración".

"PROXECCIÓN EXTERIOR"

Luar na Lubre xa ten pechadas unha serie de actuacións no Círculo de Belas Artes de Madrid para presentar o seu Mar Maior. A intención do grupo pasa por compaxinar actuacións en Galicia con outras fóra dela durante a xira de presentación para buscar unha maior presenza tamén no exterior nestes tempos de crise. Unha crise que, para Bieito Romero, estase a empregar como escusa nos recortes, sobre todo no eido cultural. "Estamos nun momento de rebaixas, nun tempo no que as orquestras nunca van faltar, pero si pode chegar a desaparecer unha música como a nosa. Vivimos un momento de recortes xusto cando se están a enterrar os cartos no mausoleo do Gaiás", lamenta Bieito.

Por outra banda, Luar na Lubre iniciará unha nova etapa con este álbum. Trala marcha de Sara Vidal, a voz do grupo correrá a cargo de Paula Rey, que se está a adaptar ao xeito de traballo da formación. "Creo que vai ser unha gran sorpresa no mundo do folk. Paula Rey é unha rapaza que procede da música clásica e todo o que está a facer agora resúltalle novo. É moi ecléctica e considero que é a mellor voz, dende un punto de vista técnico, que pasou por Luar na Lubre", sentencia Romero.

www.dioivo.eu
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 21-03-2012 09:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer