Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza

Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Novo disco de Ruxe-Ruxe
Desde o compostelán barrio de Aríns sae o oitavo traballo discográfico dos Ruxe-Ruxe, a través do seu propio selo Lobicán Records poñen na rúa Máis cancións sobre toxos, cardos e silveiras.

Dezasete cancións compoñen este traballo da banda gravado en Nigrán nas instalacións de Oceano Estudio co produtor Javier Abreu como xa fixeran no anterior traballo Na fura de diante(Lobicán records,2010). Como é habitual no grupo foron quen de congregar valiosas colaboracións para o seu disco como Xavier Díaz (Berrogüetto), Dios ke Te Krew, Roi Maceda (Quempallou), Bocixa (Zenzar) e Esteban (Skacha).

O disco, un dos mellores traballos da banda nos seus 16 anos, é capaz de contentar aos seguidores incondicionais de Ruxe-Ruxe pola fidelidade ao seu estilo de fusión de música tradicional, ska e punk rock do país – de feito Rock do país é tema de apertura do álbum e o seu vídeo de adianto- pero ademais ofrece unha variedade de tonalidades nas súas pistas que poden enganchar a un público que aínda non se tivera achegado á súa música nestes dezaseis anos de actividade musical ininterrompida. O compromiso coa terra e coa lingua, traballo, actitude e honestidade seguen a ser a súas cartas de presentación xunto a un son inconfundible, se acaso renovado, coma di outro dos temas do disco os vellos punks non morren. O vindeiro día 31 de marzo os Ruxe-Ruxe presentarán en concerto Máis cancións sobre toxos, cardos e silveiras ante o seu público na Sala Capitol de Santiago cunha entrega do seu potente directo (máis información en Axenda) e xa está en preparación tamén o segundo videoclip do disco co tema Adiante.
O primeiro disco do grupo foi homónimo do seu nome Ruxe-Ruxe e saíu en 1999.

www.culturagalega.org



Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-03-2012 09:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer