Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Ruxe-Ruxe, preparando a festa do 31 de marzo
Este sábado día 31 de Marzo de 2012, o grupo compostelán Ruxe-Ruxe presentará ao vivo na Sala Capitol de Santiago o seu novo e agardado traballo discográfico: "Máis cancións sobre toxos, cardos e silveiras".

Formados en 1996, Ruxe-Ruxe están considerados como un grupo de culto e como unha das bandas con maior proxección da actual escena de rock galega, grazas a súa persoal mestura de estilos como rock, punk, ska, folc ou rock´n´roll e co seu potente e enérxico directo. "Máis cancións sobre toxos, cardos e silveiras" é a súa oitava achega discográfica, un disco gravado nos Ocenoestudios de Nigrán (Pontevedra) polo prestixioso produtor Javier Abreu (Os Resentidos, Los Piratas, Cornelius 1960 ou Boikot), e que conta cunhas colaboracións de auténtico luxo: Xavier Díaz (Berrogüetto), Dios Ke Te Crew, Bocixa (Zenzar), Esteban (Skacha) ou Roi Maceda (Quempallou).

A actual formación de Ruxe-Ruxe é:

Antón "Torroncho" Fernández : baixo e coros.
Xan Pericán: saxofón, frautas, pandeiretas e coros.
Vituco Neira: guitarra e voz
Miguel Duarte: guitarras electricas, acústicas e coros.
Alex Sevilla "O Demo de Tasmania": batería
Xaco Barona: gaita


Os prezos para asistir a este concerto son de 5€ (entrada anticipada) ou 10€ (entrada anticipada + CD). O día do concerto, as entradas venderanse na taquilla a 12€uros entrada única + CD. E tamén podénse adquirir na tenda virtual de Ruxe-Ruxe: www.oplup.com. O grupo MeDoMedÁ serán os teloneiros.




Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-03-2012 11:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer