Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Carlos Blanco fusiónase con Budiño

O humorista como rapero e o gaiteiro como dj presentan espectáculo xuntos

Cando no Festival de Ortigueira do ano 2003 Carlos Blanco subiu ao escenario para facer unha colaboración puntual dun rap con Xosé Manuel Budiño, confesou que tivo un presentimento: Sabía que acabariamos facendo un espectáculo xuntos. Case unha década despois, na era das fusións, tamén a de Blanco e Budiño chegou para confluír en iLalelo (léase ailalelo), un espectáculo onde os dous artistas desenvolven facetas inéditas: Blanco como acedo rapero e Budiño como Dj creador de espazos sonoros.

Blanco descubriu a un Budiño diferente, co seu punto vándalo, lonxe do virtuoso da gaita que identificamos. Un dj que xera bases electrónicas, mesturadas en directo con sons de pandereitas ou de gaitas, que explora a maridaxe oculta entre Xil Ríos e a música bhangra de Bollywood ou as coplas sampleadas de Faustino Santalices. Budiño é tamén un ourive e un esteta que investiga o son, revela Carlos Blanco sobre esta faceta do gaiteiro. Carlos introduciume nun ámbito novo para o meu como é actuar en bares. Traio todos os aparellos do meu estudo e traballo con eles á vista da xente e é unha experiencia nova moi interesante, confesa Xosé Manuel Budiño, que combina as actuacións coa preparación dun espectáculo con Kepa Junkera. Co seu ipad na man, Blanco debulla sobre o escenario un guión con temas absolutamente disparatados, cuxa fonte principal son as redes sociais. En facebook escribes e ao intre responde moita xente enxeñosa. É unha mina de ouro para un humorista, confesa o actor sobre esta rede que converteu en ferramenta indispensable. En iLalelo, Branco vai rapeando o nome de grupos que contan con miles de seguidores en facebook e que non teñen desperdicio. O público pásallo en grande rapeando o título de grupos como ?
Eu tamén pillei un puntiño na sesión vermú de Campo Lameiro, ou a máis exitosa do show, que o público xa corea coma se fose a canción do verán: para beber viño apúntase calquera, ou carallo é para dar sulfato. Como lle gusta apuntar a Blanco, é unha frase que condensa o sentir dun país.

Noutra das partes máis aclamadas do show, Blanco enumera unha retahila de desternillantes blasfemias que escoitou ás pescantinas da súa Arousa natal, tan enxeñosas como pouco recomendables para reproducir fóra do seu contexto. Cada noite sáltase o guión e debo acompañalo na improvisación e crear músicas sobre a marcha, explica Xosé Manuel Budiño sobre a súa nova experiencia. Os contendidos van variando en función das últimas noticias do día: desde Urdangarín ás escisións do BNG, pasando pola fusión de concellos ou a Operación Campión. A todo sácalle punta, e polo que se ve, con enorme éxito. Posiblemente non haxa nestes momentos no circuíto galego un artista que conecte tanto co público como Carlos Blanco. Chea locais, chóvenlle peticións e gañouse o respecto dun público fiel tras anos tirando millas de bar en bar.

Sinto herdeiro daqueles músicos de jazz que ían cada noite de club en club, como Charlie Parker ou Thelonius Monk, confesa este amante do jazz, que reinvidica con orgullo a liberdade absoluta que dá poder dicir que vives dun público que paga unha entrada por verte.

Agora, con iLalelo, exponse novos retos máis aló dos bares: buscar espazos en exteriores. Era reticente a saír dos bares, pero acompañado de Budiño sinto máis protexido. Buscaremos tamén actuacións en verbenas e buscar outro tipo de públicos, fóra dos teatros e auditorios, avanza sobre o percorrido deste espectáculo. Somos como Panorama, pero en pequeno formato, chancea Blanco.

Mentres tanto, segue escudriñando en facebook, lendo a diario os xornais e escoitando blasfemar ás súas veciñas as pescantinas de Arousa. No fondo, iso é iLalelo: a historia cotiá dun pequeno país contada por un humorista rapeiro e un gaiteiro dj.

www.elpais.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-03-2012 09:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer