Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

25º aniversario de A casa das Crechas (Compostela)
Hoxe celebramos o noso 25 aniversario con máis de 20 artistas convidados e 5 horas de espectáculo

Os artistas que participarán na Festa son: Banda das Crechas, Xosé Manuel Budiño, Carlos Blanco, Ugia Pedreira e Fred Martins, Uxía e Sérgio Tannus, Narf, Carlos Santiago, os magos Romarís e Cayetano Lledó, o Coro da Rá, Lilí dos Toxos, Acibreira, Davide Salvado, Alborada, Sara Vidal, Camilo Franco, Najla, Califa Swing Trio, Alejandro Vargas, o Coro da Rá, Xoán Curiel e Tony Lomba.

- Presentouse unha programación de aniversario que se estenderá ao longo de todo o ano
- A festa do 14 de marzo ten entrada libre e gratuíta e haberá de beber e de petiscar para os asistentes


Hoxe mércores día 14 a partir das 18.30 da tarde terá lugar na rúa Vía Sacra (exteriores da Casa das Crechas) a Festa do 25 Aniversario do pub máis emblemático da cidade, que contará coa presenza de 24 artistas convidados chegados de toda Galiza, Portugal (Sara Vidal) e Brasil (Fred Martins e Sérgio Tannus). A programación foi presentada por Vítor Belho, socio fundador, o artista Davide Salvado, a cantante Uxía e o gaiteiro Manuel Amigo.

A música galega estará amplamente representada polo gaiteiro Xosé Manuel Budiño, Leilía, Ugia Pedreira, os cantautores Narf (Fran Pérez) e Xoán Curiel, o Coro da Rá, os grupos de gaiteiros Alborada e Acibreira, Najla Shami, a Banda das Crechas, Uxía, Davide Salvado, Califa Swing Trio e Tony Lomba en plan ‘crooner’.

Tamén haberá humor e moito teatro, a cargo de Carlos Santiago, Carlos Blanco, Lilí dos Roxos; maxia (os magos Romarís e Cayetano), e un escritor coa súa mellor versión ‘stand-up comedy’: Camilo Franco.

A Festa estará conducida por Carlos Blanco e Xosé Barato e será retransmitida en directo a través da web da Casa das Crechas. Ademais, entrarán en directo desde outros países artistas como Aline Frazao (Lisboa), Déa Troncoso (Brasil), Marisol Palomo (Bruxelas, de Ialma) e Chick McAuley (Escocia).

A entrada é de balde e haberá bebidas e petiscos para os asistentes.

O 25º aniversario continuará a celebrarse ao longo de todo o ano, cunha programación especial para conmemorar os 25 anos e, á vez, comezar unha nova etapa na que desexamos continuar sendo un referente no país, actualizar a nosa oferta aos novos tempos e de seguir a ser a vangarda e tamén o niño dunha cultura sostible, aberta e universal.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-03-2012 10:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer