Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Adianto do novo traballo de Guadi, Guillerme, Xabier e Xose Lois Romero
Teu nome por mar e terra
Música: Guadi Galego, Xabier Díaz, Guillerme Fernández, Xosé Lois Romero.
Letra: Carlos Rivero Troncoso.

Vivimos nunha terra inzada de encrucilladas, cuadrivios ou "catrocamiños", eses puntos de incerteza e de casualidade (ás veces, as cancións tamén transitan esas dúbidas antes de mutar á forma na que as coñecemos), mais é tamén verdade que hai encontros inevitables, coma os das augas dos regatos que se confunden nos ríos ao chegar á baixa dos vales.

Somos urdime dun cesto que garda músicas compartidas dende hai tempo.

Guille e Guadi, Xabier e Xosé Lois; Guille e Xosé Lois, Guadi e Xabier.

Foron tantas as partillas que decidimos ordenar esta nosa multiplicidade e converter esas duplas e triplas encarnacións en cuarteto, á forma tradicional: Os Beatles, Os Gaiteiros de Soutelo...

Guillerme Fernández, Guadi Galego, Xabier Díaz e Xosé Lois Romero ou como os viaxeiros ás veces tropezan na encrucillada iso si, recoñecendo que saímos en tempo e velocidade axeitados para nos accidentar neste encontro.
Imos sentar e facer unhas cancións antes de continuar camiño!




Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 13-03-2012 09:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer