Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Xantar Gaiteiro (A Baña)
Un ano máis, a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza tradicional Xantar Gaiteiro, que nesta ocasión e como novidade, se celebrará no Concello de A Baña o vindeiro 25 de marzo.

Esta xuntanza, ten como finalidade principal a de pasar un día agradable en compaña dos que gostamos da música tradicional, creando así un punto de encontro, de intercambio e de festa. Nesta edición, como xa ocorreu na pasada, preténdese complementar o xantar con diversas actividades nas que contaremos coa colaboración da Concellería de Xuventude e Deportes e o Concello da Baña.

- De 10 a 12 horas: Curso de Sibelius a cargo de Rafael Collazo Moares, Director da Banda da Escola de Música de Rianxo. Será preciso que os asistentes acudan con ordenador portátil co programa Sibelius instalado para poder seguir as explicacións. Nesta ligazón pódese descargar unha versión de proba con validez de 30 días http://www.sibelius.com/download/index.html
- De 11 a 14 horas: Exposición e Obradoiro “Tempo de Xogar” a cargo de José Manuel García e Xosé López

Os cursos e a exposición celebraranse na Casa de Cultura da Baña. O prazo de inscrición para asistir aos cursos rematará o 22 de marzo ou cando se complete o aforo, en tal caso seguirase o criterio de riguroso orde de inscrición.

O menú do xantar que se celebrará na Área Recreativa Agra de Chans, estará composto por cocido, bebida, postre, café e chupito. O prezo serán 23 € por persoa, 12 € para nenos menores de 12 anos.

Para máis información e reservas, contactar coa secretaría da AGG por teléfono 986 84 70 74 ou ben a través do correo electrónico secretaria@gaiteirosgalegos.com

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-03-2012 16:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer