Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Foliadas de cantos de taberna en Pontevedra
O Concello e Mavarallada recuperan os “Cantos de taberna”

- A Concellaría de Festas pon en marcha este novo programa que comeza mañá para promocionar os cantos de taberna.
- Desenvolveranse todos os venres de fin de mes entre as 21.00 e as 24.00 horas en tres bares e tabernas do centro histórico.
- Maravallada cantará todos os días cun grupo convidado


A Concellaría de Festas e a Asociación Cultural Maravallada organizan dende mañá e todos os últimos venres “Cantos de taberna” co obxectivo de recuperar e promocionar os cantos de taberna na cidade de Pontevedra. A cita será cada vernes de fin de mes en distintos bares e tabernas da cidade.

O propósito deste programa é recuperar aqueles cantos nas tabernas que eran unha maneira de divertimento, de ocio mais e un xeito de producir e manter a tradición musical. Ao longo dos anos setenta, comezaron a verse por distintas tabernas o cartel de “Prohibido cantar”, cercenando asi o desexo de moitos afeccionados á música de pasar un rato agradable cantando en compaña de bos amigos.

Dende hai un tempo, vese en distintos lugares do noso país un renacer do que veu en chamarse música de taberna, ou canto tabernario. Concursos, certames organizados polas institucións locais ou eventos patrocinados por entidades privadas están a recuperar esta tradición e, ao mesmo tempo, a fomentar a actividade económica que rodea a calquera evento que atrae a un número importante de persoas.

A actividade contará todos os días coa actuación de Maravallada que cada venres contará con outro grupo convidado. O programa e os locais que participarán neste programa son:

• 2 de marzo: O Contribución, Vetula Ponte, Estafeta.
• 30 de marzo: As Reixas, A Lareira, A Navarra
• 27 de abril: O Parvadas, Os Maristas, A Casa do Lado
• 25 de maio: O Contribución, Vetula Ponte, A Estafeta
• 29 de xuño: As Reixas, A Lareira, A Navarra
• 27 de xullo: Os Parvadas, Os Maristas, A Casa do Lado

As actuacións desenvolveranse entre as 21.00 e as 24.00 horas.

Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 02-03-2012 09:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer