Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Quique Peón Cia en Ourense
Actividade: Danza coa presentación do espectáculo Alén da Croa.

Data: Venres, 2 de marzo de 2012.
Hora: 20.30 horas.
Lugar: Auditorio Municipal (Ourense)(rùa da Canle, 2)
Prezo: 8€.


Entradas: En www.servinova.com ou no tfno. 902 504 500 e o mesmo día dende dúas horas antes no despacho de billetes do Auditorio.

Organizan: Concellería de Cultura do Concello de Ourense e AGADIC.


O bailarín e coreógrafo coruñés Quique Peón presenta o día 2 de marzo no Auditorio Municipal de Ourense o seu último espectáculo, titulado Alén da croa.

Trátase dunha nova e arriscada proposta escénica na que o seu creador mestura a danza tradicional galega con outras danzas do mundo, como a oriental e a contemporánea. Na rolda de prensa de presentación do traballo, o bailarín cualificouno como “unha proposta novidosa e orixinal que pon en valor a danza tradicional galega fusionándoa con outras danzas e artes escénicas”. A concelleira de Cultura, Isabel Pérez, pola súa banda, asegurou que estamos ante un espectáculo “que non vai deixar indiferente a ninguén”. Haberá unha única función ás 20.30 horas, sendo o prezo da entrada de 8€.

Alén da croa é unha obra de danza baseada en diferentes relatos sobre as lendas de mouras. Na súa posta en escena participan sete bailaríns que mesturan as distintas linguaxes da danza: a tradicional galega, a oriental-tribal e a contemporánea, xunto co teatro e a música. O seu director, Quique Peón, conta que decidíu apostar pola fusión das diferentes maneiras de bailar despois de namorarse da danza contemporánea, hai agora uns cinco anos e despois de máis de trinta traballando na investigación e na recuperación da cultura tradicional galega. “Coñecín a danza contemporánea da man do mestre Roberto Olivan e namoreime da capacidade que ten esta maneira de bailarpara transmitir sentimentos”, explica. O que fixo foi mesturar este mundo coa danza tradicional galega, da que subliña “as grandes posibilidades expresivas que posúe”. Do resultado non quere adiantar nada ao tempo que anima aos ourensáns a asistir ao espectáculo. Segundo explica, o seu obxectivo e o da compañía que dirixe “é o de por en valor a danza de Galicia”.

Isabel Pérez, pola súa banda, subliñou na súa intervención o papel desenvolvido por Quique Peón na investigación e na promoción da danza e da música tradicional galegas. Segundo as súas palabras, “Quique Peón centra o seu traballo na dignificación do bailarín galego conseguindo por en valor unha figura que sempre existíu, pero que non estaba profesionalizada”. A concelleira falou tamén da compañía do bailarín, fundada en outubro no ano 2008 “co obxectivo de profesionalizar un sector como é o da danza, que ata ese momento non tiña a posibilidade de traballar dun xeito profesional e comprometido”.

Sorteo de entradas para o espectáculo

Tempo de Lecer convídate ao espectáculo de danza Alén da Croa. Para participar no sorteo de entradas so nos tes que enviar un mail ao noso enderezo electrónico:tempodelecer@gmail.com amosándonos o teu interese por asistir á función.

www.tempodelecerourense.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-03-2012 09:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer