Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Quodlibet en Caldas de Reis
Quodlibet (gaita -piano)

Sábado 3 de marzo no auditorio municipalde Caldas de Reis ás 21:30


Combinación artística da música tradicional coa académica, protagonizada polo instrumento clave das nosas romarías: a gaita acompañado dun extraordinario e completo amigo coma o Piano.
Asi é como se define este duo de gaita e piano que se forma en maio do 2011 , coa posta en funcionamento do seu proxecto MIXTURA .
Mixtura entre clásico e tradicional cunha soa finalidade de entender a música.

¿Quen somos?
Unha mixtura innovadora de músicos; Andrea García González (pianista),Felipe Rea Otero (gaiteiro) que coincidimos na posta en marcha deste proxecto coa idea de ofrecer un espectáculo musical cargado de connotacións históricas e formativas ó longo da popularidade dos instrumentos que protagoizan a nosa exposición tradicional; espectáculo, que polo de agora só tiña cabida nalgúns consevatorios nos que se potencia ós seus creadores e ós novos interpretes.

¿que ofrecemos?
Un concerto, dunha hora e media de duración aproximadamente na cal de forma amena unha gaita, en primeira persoa, relata a historia da súa vida, en compaña dun piano.
Historia na que se combinan formas musicais pertencentes ó folclore e pezas de repertorio actual e de autor; de aí sae o nome do proxecto: mixtura.

Contexto histórico:
Ó longo da nosa vida estamos afeitos a que os nosos antergos, dende sempre e ata o de agora loitasen pola dignificación da gaita galega, e a evolución da figura do gaiteiro non coma un animador de festas sinxelamente, senón coma: músico.
Na actualidade o noso instrumento tradicional está a pasar por unha etapa de gran esplendor na que se recuperaron os seus valores reais, se incrementou o recoñecemento social e se garantizou o seu ensino, e o seu espallamento, mais ala de galicia.
Despois da posible introducción da gaita galega nos conservatorios do noso pais isto fai, que esteamos a asistir a unha continua creación dun novo repertorio para a gaita acompañada por todo tipo de instrumentos musicais coma: piano, arpa trompeta, clarinete etc, ou por formacións musicais coma: bandas de música, ou mesmo orquestas.

Dende Maio Quodlibet ven realizando concertos polas distintos pobos e ciudades Galicia , e da península.
A sua posta en marcha a pesares de ser unha formación de recente creación està tendo moita aceptación, xa que ANDREA GARCÍA GONZÀLEZ, E FELIPE REA OTERO, son músicos con unha dilatada experiencia e formación musical .

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-03-2012 09:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer