Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza

Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Presentación do Repertorio Tabernario en Pontevedra

“Si canta mal, no cante; si canta bien, cante fuera”. Este era o texto dun cartaz colocado na barra dun bar da zona vella de Compostela, alá polos anos oitenta. Afortunadamente, non sucedia o mesmo en tódolos locais, e o celme do canto tabernario foi quedando, alentado por algúns irreductibles, xeralmente afeccionados á música ou que xa cantaban en corais, que o practicaban case de maneira anecdótica. A cantiga tabernaria, nembargantes, non só se escoita nas tabernas; para os que nos gusta a música, o botarlle unhas cantigas sempre supuxo un remate perfecto para unha celebración familiar ou unha comida entre amigos.

Hoxe en dia, afortunadamente, parece que volta a rexurdir das suas cinzas o canto tabernario. Por varias vilas do país convocanse concursos e promocionase, non sin esforzo por parte dos organizadores todo hai que decilo, dunha maneira ou doutra. …Facíase nas tabernas, ás veces con nocturnidade, e polo xeral, tanto a formación de executantes como de instrumentos non era fixa dun dia para outro. Unha guitarra pendurada na parede ou un acordeón, como moito unha gaita eran os instrumentos que acompañaban os cantares. E logo a percusión… , ahí si que non se reparaba en utilizar o que estivera a man, as cunchas dos cinceiros, a botella de anís, etc…
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 17-02-2012 18:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer