Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza

Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Toutón sae á caza do galo
A parroquia de Mondariz espera por centos de persoas para asistir ao XVI Serán dous Namorados

O "Corrido do galo" é un dos atractivos do Serán dous Namorados que celebrará esta noite a parroquia mondarizana de Toutón por décimo sexto ano consecutivo.
Despois dunha comida popular á unha da tarde, a base de 100 quilos de chourizos caseiros, 700 quilos de costela de porco, pan de millo, sobremesa, café e viño; os nenos asistentes poderán correr detrás dunha decena de galos e pitos que os veciños soltarán nas leiras xa coñecidas como "As Corredoiras". Os máis novos tratarán de atrapar ás aves e quen as colla quédallas.

Esta é a versión actualizada dunha tradición antiquísima. No pasado o galo acababa morto, tirábanlle laranxas e un veciño cos ollos vendados trataba de golpealo cunha "espadita" guiado polas instrucións dos demais. "Mesmo enterraban ao galo deixándolle só a cabeza fóra", explica Higino Alvariño, un dos organizadores do Serán dous Namorados.
Ata Toutón espérase que cheguen hoxe centos de persoas. O ano pasado os organizadores contabilizaron 5.000 asistentes. Desde distintos puntos de Galicia chegan amantes da música máis tradicional do rural galego. Moitos chegan en autobuses e pasarán o fin de semana aloxados en Mondariz; algúns en hoteis e outros mesmo en "casas vellas ou palleiros" habilitados polos aldeáns para que se acomoden en sacos de durmir.
Os grupos que se valen mesmo de apeiros do campo para facer música entoan cancións antigas orixinarias dos seus lugares de procedencia que recuperaron. Na última edición actuaron 64 grupos, e once tiveron que irse sen poder tocar porque xa eran o sete e media da mañá e o serán empezara ás oito da tarde do día anterior; á mesma hora que comezará hoxe.

Ninguén pasará fame
Esta madrugada, sobre a unha, tamén se repartirá comida entre os asistentes, tanto os grupos que tocan como quen se achegan só a ver o espectáculo, e máis tarde chocolate quente para todos. O tamaño que adquiriu esta festa obrigou aos organizadores, as Pandereteiras de Toutón, a delegar traballo. "O chocolate antes faciámolo nós en porcelanas de 100 litros pero agora xa nolo trae unha empresa", explica Higino Alvariño.


www.farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-02-2012 11:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer