Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Primeiro disco do cuarteto Chupacabras
Tradiphonias, primeiro disco do cuarteto Chupacabras

No ano 2003 os gaiteiros David Bellas García e Xesús Rivera Campillo fundan o cuarteto “O Chupacabras” coa finalidade de presentarse a concursos e dar a coñecer pezas da súa propia autoría.
Despois duns anos de parón, o cuarteto retoma o traballo co mesmo nome pero con diferente formación no ano 2007, contando na percusión con Rafa Crespo Crespo e Cristian Silva Bóveda. Esta volta ven en parte provocada pola coincidencia dos membros do grupo no departamento de música tradicional do Conservatorio Superior de Vigo.
Aparte de en numerosos certames e festivais, teñen participado en audicións didácticas para alumnos de ESO e Bachiller.

PREMIOS:
2º Premio no Concurso de Música Tradicional 'Xiradela' en Arteixo no 2003 (categoría B)
3º Premio no concurso de cuartetos tradicionais de Miño (2003)
3º Premio no XXXVI concurso rexional de gaitas de Ponteareas (2003).
1º Premio no III Concurso de Música tradicional de Cervo (2007).
1º Premio no X Memorial Manuel Texo na Vedra (2007).
4º Premio no XL Concurso rexional de gaitas de Ponteareas (2007).
1º Premio no I Concurso de cuartetos de Luou (Teo, 2007).
1º Premio no I Concurso de gaitas “Moxenas” de Valladares (Vigo, 2008).
1º Premio no I Concurso de cuartetos “Festas de Ourense” (2008)
1º Premio no XLI Concurso rexional de gaitas de Ponteareas (2008).
1º Premio no II Concurso de cuartetos de Luou (Teo, 2008).
Comentarios (3) - Categoría: Discos - Publicado o 04-01-2012 13:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 ahi faltan premios, porque creo reco#blgtk08#rdar que gañaron algún Moxenas mais
Comentario por (04-01-2012 15:30)
2 donde se pode comprar o cd#blgtk08# pola zona de Vigo
Comentario por (05-01-2012 09:10)
3 Pois o tes no local de O Fiadeiro, na tenda de "Inquedanzas sonoras" e nalgunha tenda que outra. Se non#blgtk08#, podes contactar con calquera dos catro membros do grupo e xa che pasamos algunha
Moitas grazas
Comentario por Tradiphonias (05-01-2012 14:53)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer